O BNG esixirá no Parlamento galego o instituto público para o barrio de Navia

A deputada, Alexandra Fernández, defenderá unha batería de iniciativas para que o Goberno galego atenda esta reivindicación veciñal
Publicado por o día 03/12/2020 na sección de BNG,Galicia,Política,Vigo

O BNG esixirá no Parlamento galego o instituto público para o barrio de Navia

O Bloque Nacionalista Galego vén de anunciar que levarán ao Parlamento galego a esixencia dun compromiso efectivo da Xunta de Galicia para a construción dun novo instituto no barrio de Navia, en Vigo.  A deputada, Alexandra Fernández, defenderá que se atenda esta longa reivindicación veciñal a través dunha batería de iniciativas e tamén no proceso de emendas aos orzamentos da Xunta.

En rolda de prensa, na que compareceu xunto ao portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, Fernández lamentou que quince anos despois do desenvolvemento do PAU de Navia este populoso barrio da cidade de Vigo continúe sen unha dotación esencial como un instituto.

A deputada nacionalista considera que o déficit dotacional de Navia agravarase co desenvolvemento do Plan Parcial que prevé 1.600 novas vivendas, polo que reclamou que se actúe para dotar o barrio dos servizos que precisa, a principiar polo instituto.

A fronte nacionalista promoverá unha batería de iniciativas no Parlamento galego e incluirá, novamente, esta cuestión nas emendas ao proxecto de orzamentos da Xunta par ao vindeiro ano 2021 onde non se recolle partida para esta obra.

Comentar noticia

Your email address will not be published.