O BNG inicia as conversas co PSOE para un posible goberno en común

O candidato Miguel Anxo Fernández Lores asegurou que “hai base suficiente para chegar a un acordo”.
Por o 11/06/2019 | Sección: BNG,Galicia,Política,Pontevedra,PSOE
O BNG inicia as conversas co PSOE para un posible goberno en común
Compartir en:

As comisións negociadoras do BNG e do PSOE tiveron esta mañá a primeira reunión para abordar a posibilidade de iniciar un proxecto común de Goberno para os vindeiros catro anos. Así o comunicaron esta mañá o candidato á Alcaldía polo BNG e alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores e o candidato do Partido Socialista, Agustín Fernández, nun encontro que mantiveron na sala de reunións do Concello de Pontevedra.

“Houbo contactos variados e chegamos á conclusión de que hai base suficiente para chegar a un acordo”, explicaba Fernández Lores logo de saír da reunión na que participaron por parte do BNG Anabel Gulías, Raimundo González e Carme da Silva, ademais de Fernández Lores. Por parte do PSOE estiveron, ademais do candidato, Paloma Castro e Gloria Blanco.

Tendo esa base común, as dúas agrupacións indicaron que “iniciamos as conversas” que neste momento están no punto de definir aspectos programáticos de goberno.

“A partir de agora os contactos formais serán permanentes, e agardemos chegar a un acordo satisfactorio para que Pontevedra siga avanzando”, indicaba Fernández Lores, que non quixo pór data ao final das conversas.

Comentar noticia

Your email address will not be published.