O BNG leva ao parlamento o conflicto do servizo de limpeza e lavandería do Hospital Álvaro Cunqueiro

Prado pide ao SERGAS que se poña de partes das Técnic@s en coidados auxiliares de enfermería (TCAES) e obrigue á concesionaria a negociar
Publicado por o día 14/06/2018 na sección de BNG,Galicia,Política,Vigo

O BNG leva ao parlamento o conflicto do servizo de limpeza e lavandería do Hospital Álvaro Cunqueiro

A portavoz parlamentaria de Sanidade, Montse Prado, trasladou á Cámara o conflito no servizo de limpeza e de lavandería no Hospital de Vigo, que a empresa concesionaria pretende realizar sen contar co persoal suficiente descargando sobre @s técnic@s en coidados auxiliares de enfermería (TCAES) unha función que non lles corresponde, -como é a retirada de sacos de roupa sucia-, pola vía do “ordeno e mando” e coa apertura de expedientes.

“É lamentable a posición da concesionaria de ordeno e mando, con nocturnidade e aleivosía, por iso pedimos diálogo e negociación”, reclamou Prado, quen lembrou que hai unha convocatoria de folga para os días 18, 21, 25 e 28.

A deputada salientou que a esta situación se chega “porque o SERGAS lle permite á concesionaria facer o que lle da a gana, cando o que ten que facer e dicirlle á empresa que acabe co conflito en lugar de ir contra os e as profesionais para que fagan un traballo que non lles corresponde. Non piden nada que non se faga no resto dos hospitais, e a apertura de expedientes aos TCAES non é o camiño e deben retirarse para poñerse do lado dos e das traballadoras”, demandou Prado.

O PP vetou a proposición non de lei defendida pola deputada nacionalista, quen volveu denunciar a política de recortes e deterioro da sanidade pública do PP, que no caso do Hospital de Vigo ten tamén o agravante da súa privatización.