O BNG, leva ao Parlamento o impacto acústico no Viaducto a Pontevedra

Por o 12/06/2018 | Sección: BNG,Galicia,Política,Redondela
O BNG, leva ao Parlamento o impacto acústico no Viaducto a Pontevedra

Dende hai un ano o ADIF (Administrador de Infraestructuras Ferroviarias), acometeu as obras de mantemento do Viaducto a Pontevedra ou “dos Carballos”, en funcionamento dende o ano 1884. As obras están auspiciadas pola Autoridade Portuaria de Marín, cunha inversión de 2´5 millóns de euros.

En xuño do 2017 o Bloque Nacionalista Galego, presentaba unha moción no Concello de Redondela na que chamaba a atención sobre esta actuación “que non recollía unha mellora do impacto acústico que sobre os veciños e veciñas, e as vivendas colindantes deste Viaducto, estase a sufrir a cotío”. Ademáis cuestionábase parte das obras e o seu resultado final.

Recorda que este mantemento afecta a toda a infraestructura, cuxo “principal obxectivo constitúeno a renovación de elementos que permitan o paso de trens de mercadorías de ata “toneladas por eixo”. Deste xeito, preténdese reforzar unha infraestructura que permita o paso de convois de mercadorías de maior volume, de aí que sexa un ente comercial quen paga as obras.

O edil nacionalista, Xoán Carlos González desdí o afirmado polo alcalde Javier Bas de que se trata dunha inversión para Redondela froito das súas xestións. “Estamos ante unha obra enfocada a mellorar a competitividade da Autoridade Portuaria de Marín, o que levará a que por esta vía circulen trens de mercadoría de maior volume. As previsións son que este tráfico aumente nos vindeiros anos, co que as inversións primarán a rendabilidade económica, sen ter en conta o impacto social”.

Por estes motivos nun encontro mantido co deputado Luís Bará trasladoulle unha xeira de iniciativas para que o Parlamento Galego presione ao ADIF. “ Temos que ser novamente dende o BNG quen asumamos a responsabilidade ante a inacción do alcalde de Redondela. Co acordo parlamentario preténdese que se cre unha partida orzamentaria para estudiar o impacto acústico acometendo as obras necesarias para reducilo e mesmo abrir unha liña de subvencións para insonorización daquelas vivendas que o requiran”, xustifica o concelleiro nacionalista.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.