O BNG pide un plan de xestión do xabaril polos danos que ocasionan, que inducen ao abandono dos cultivos

Xosé Luís Rivas pide ao Goberno galego que solicite colaboración aos expertos porque cazadores e batidas “non son a única solución”
Publicado por o día 29/05/2019 na sección de BNG,Política

O BNG pide un plan de xestión do xabaril polos danos que ocasionan, que inducen ao abandono dos cultivos

O deputado do BNG, Xosé Luís Rivas reclamou hoxe, a través dunha proposición non de lei, elaborar un “Plan de xestión do xabaril” con actuacións técnicas programadas, perspectiva ecoloxía e dinámica poboacional por comarcas e  destinar  recursos técnicos e económicos para impulsar prácticas de manexo preventivo do gando que coexiste co lobo.

Na defensa da iniciativa, Rivas reprochou ao goberno facer “política de parches” que achacou a “incapacidade” dos responsables políticos  que non  saben como enfrontar o problema do xabaril, pero hai, dixo, “persoas expertas” que poderían facer importantes achegas se non fora que o  goberno prefire rodearse de “cazadores” e centrar a solución nas  batidas, a  pesar de saber que non  “son a única solución”.

Rivas xustificou a urxencia da elaboración  dun  Plan  para  “poñer coto” á  situación porque, na súa opinión, de non facelo, “a desesperación dos afectados pode levalos ao abandono parcial da súa actividade”.

Dende o BNG estamos a constatar “unha evolución brutal do problema”  e lembrou que mesmo en  explotacións con grandes medidas de seguridade non son eficaces contra o ataque do xabaril.  As colleitas, explicou Rivas son “apalabradas” e se non se surten a determinadas cadeas de distribución. “os danos e as perdas son enormes”. O porco bravo vai primeiro ao millo do país pero tamén as patacas e outros produtos polo que é urxente un plan de xestión “científico” e abandonar as medidas centradas nas batidas porque son “medidas erráticas”.

Neste momento, advertiu o nacionalista, “o porco bravo é unha praga e está poñendo en perigo o futuro da labranza do noso país”.

Rivas denunciou que o número 112 para rexistrar as incidencias provocadas polo xabaril “non traslada a metade dos partes”, sobre todo, os que afectan a particulares e  con pouca superficie.

O deputado reiterou que a alta poboación do xabaril  representa un “grave problema” que necesita con urxencia ser abordado e ao que hai que destinar recursos. Rivas acusou ao Partido popular de utilizar o “corta e pega” de documentos doutros lugares con produtos, como o boniato,  que non coinciden cos cultivos das   explotacións galegas á hora de solicitar unha subvención polos danos do xabaril.

O parlamentario do BNG volveu pedir “sentido común” ao Partido popular e tomar en serio o grave problema dunha especie que está a destruír o traballo de miles de persoas.

Comentar noticia

Your email address will not be published.