O BNG preocupado polo futuro das mais de 40 embarcacións de Redondela que traballan coa arte do xeito

Por o 07/08/2018 | Sección: BNG,Galicia,Política,Redondela
O BNG preocupado polo futuro das mais de 40 embarcacións de Redondela que traballan coa arte do xeito

Fai uns días producíase a prohibición de pescar xouba e sardiña  para as embarcacións que traballan coa arte do xeito ordenada polo Ministerio de Pesca, presuntamente motivada polo consumo da cota prevista. Son unhas 40 embarcacións as afectadas no noso concello.

A prohibición nestes momentos, época de maior consumo en fresco é una burla e aboca ao paro a moitos mariñeiros, ademais de por fin a un sistema de pesca tradicional e sostibél que se leva practicando dende fai centos de anos.

Só desde o descoñecemento e a irresponsabilidade se pode ter sometida a esta arte de pesca tradicional e absolutamente comprometida co respecto o medio ambiente, a un sitema de cotas e tacs imposto dende a Unión Europea e co visto e prace dos gobernos do España  e Galiza, absolutamente discriminatorio e arbitario.

“Este problema, sumase os xa existentes na pesca de baixura e o marisqueo no noso concello, onde un nefasto acordo con Portugal para a xestión da pesca de sardiña fai que a situación da flota de cerco de Redondela (a mais grande da ría de Vigo), uns 30 barcos e mais de 200 tripulantes, sexa critica”. Sinalan dende a formación nacionalista.

Estas políticas tan agresivas, teñen como consecuencia  que nos últimos anos un sector económico tan importante e de tanta tradición en  Redondela como son a pesca de baixura e o marisqueo, estean perdendo peso de maneira alarmante.

Abonda con dicir que nos últimos 10 anos a flota de baixura de Redondela,  perdeu 30 barcos. Isto é, cada ano 3 barcos cesaron na súa actividade.

No marisqueo a pé as cousa non van mellor, xa que si no ano 2008 contabamos con máis de 200 permisos de explotación, hoxe son pouco mais de 100 as persoas que exercen este traballo, (datos da Plataforma Galega da Pesca, dependente da  Consellería do Mar).

Dada a importancia que este sector ten para o noso concello e co fin de abordar esta situación, o Portavoz Municipal do BNG de Redondela, Xoan  Carlos González presentou por escrito  as seguintes preguntas dirixidas o alcalde de Redondela:

 

  • Mantivo o alcalde algunha xuntanza co sector?

 

  • Participou o alcalde nalgunha das iniciativas levada a cabo polo sector?

 

  • Ten solicitado o alcalde algunha xuntanza con representantes do Goberno Galego para abordar esta situación?

 

  • Cales son os pasos que o alcalde vai dar na defensa da pesca de baixura e do marisqueo, nomeadamente da flota do xeito do noso concello?

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.