O BNG reclama a recuperación do Maceiras

Por o 05/10/2018 | Sección: BNG,Galicia,Política,Redondela
O BNG reclama a recuperación do Maceiras

O BNG presentou ante a Consellaría de Medioambente unha suxestión previa á Avaliación Ambiental Estratéxica co fin de que se recollera a recuperación do Val do Maceiras. “Arredor de 20 hectáreas víronse afectadas polas obras do Eixo Atlántico de Alta Velocidade, que supuxeron unha importante degradación deste entorno”, afirman dende a organización nacionalista. A suxestión transmitíuse igualmente ao Equipo Redactor do Plan Xeral.

Non renuncian dende a organización nacionalista ao Proxecto de Recuperación que a daquela concellaría de medioambente remitíu ao Ministerio de Fomento. As obras supuxeron acabar con fértiles terras de labradío, o sistema de rego e acuíferos que abastecían á veciñanza, ademáis do negativo impacto sobre moitas vivendas.

“O Proxecto e a nosa suxestión apostan pola recuperación deste singular espazo medioambiental, onde se conxugarían a posta en valor do medio natural, coa explotación racional e comunitaria da mazá, ademáis de crear espazos públicos de lecer. Incluíase a Senda polo río Maceiras ata o casco urbán de Redondela permitindo a recuperación de vexetación e fauna de ribeira” salienta o responsábel local, Anxo Lusquiños, asinante da suxestion do BNG.

“Trataríase dun Proxecto de compensación polas obras, ao que Javier Bas renunciou ao non presionar nin a Fomento, nin ás empresas concesionarias, abandoando á súa sorte á veciñanza”, sinalan dende o BNG. Acusan de pasividade total ao goberno municipal de Redondela nesta cuestión, afirmando que “preferiron gastar máis de 200.000€ co cartos do Concello ou da Xunta”.

Consideran dende o BNG que o alcalde de Redondela, renunciou por amiguismo político a que este Proxecto fora unha realidade. “Curiosamente Negros, a zoa máis castigada polas obras do Eixo Atlántico, non se beneficou de ningún tipo de compensación. O BNG non vai renunciar a que este Proxecto sexa unha realidade para a veciñanza.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.