O BNG reclama no Congreso unha reforma do modelo de financiamento para que a Galiza teña soberanía fiscal

O Bloque Nacionalista Galego aposta por superar o actual status en materia de financiamento e política fiscal e sinala como prioridade estabelecer un concerto económico, baseado na capacidade normativa e nunha Facenda galega que recade todos os impostos.
Publicado por o día 12/02/2020 na sección de BNG

O BNG reclama no Congreso unha reforma do modelo de financiamento para que a Galiza teña soberanía fiscal

Ante a reforma que propón o Partido Popular, o deputado Néstor Rego, manifesta que ”o BNG si está a favor dunha reforma do sistema de financiamento” mais discorda totalmente co modelo que presenta a dereita, que limita ampliar o espazo fiscal propio das CCAA. O BNG aposta por superar o status actual de financiamento e política fiscal, para determinar desde Galiza as prioridades.

Por iso o BNG rexistrou unha emenda á Proposición Non de Lei sobre a revisión do sistema de financiamento das Comunidades Autónomas de Réxime Común e Facendas Locais, para reclamar que a Galiza poida acceder a un sistema de financiamento novo, baseado na autorresponsabilización e na capacidade do noso País no ámbito normativo e recadador, por medio dunha Facenda galega, de todos os impostos. A partir de aí, e por medio da negociación bilateral co Estado, determinar que cantidade se debe transferir a este.

Rego salienta que, segundo datos de 2017, a diferenza entre o que os galegos e galegas pagamos ao Estado en impostos e o que o Estado devolve á Galiza supera os 4.500 millóns de Euros. “Un autentico espolio ao noso País ao que é necesario pór fin”, enfatizou.

Devolución á Galiza dos 170 millóns dos incentivos por cumprimento da regra de gasto

Por outra parte, Néstor Rego denuncia que o Partido Popular reclame a devolución dos 2.500 millóns de euros que o Estado adebeda ás CCAA en concepto de IVE, mais que esqueza a partida  correspondente aos incentivos por cumprimento dos obxectivos fiscais, que no caso da Galiza supoñen 170 millóns de euros, que se suman aos 200 do IVE.

Néstor Rego salientou na súa intervención no pleno que os populares esquecesen esta partida. “Non sei se o PP pretende regalarlle ao Estado eses cartos que corresponden aos galegos e galegas ou é que Feixóo pinta xa tan pouco que nin o seu partido lle fai caso, ou as dúas cousas á vez”.

O deputado nacionalista ironizou sobre as causas deste esquecemento: Talvel que agora que Urkullu convocou eleccións na Galiza son vostedes conscientes de que as van perder e que non van ter oportunidade de xestionar eses recursos”.

Rego reafirmou que, en calquera caso, o BNG vai seguir reclamándoos “porque son nosos”. Neste sentido, dirixiuse á Ministra de Facenda para reclamar que pague o que debe ao todos os galegos e galegas. “Señora ministra, dicímoslle que non nos serven argucias nin pretextos formais. Menos aínda argumentos “tan rigorosos” como o que vostede utilizou hai uns días de que “ese diñeiro xa non existe”, sinalou.

2 Respuestas a "O BNG reclama no Congreso unha reforma do modelo de financiamento para que a Galiza teña soberanía fiscal"

  1. Gamela   13/02/2020 at 17:58

    Nestor Rego contra o mundo…? Un deputado contra 349 e pide nada máis e nada menos que unha Facenda Galega ? No hipotético caso de que vivísemos no mundo de Yupi debera ter en conta que o alcalde de Vigo reclama á Xunta 2.000 millóns de nada…

    O que se pode ver nesta lexislatura é que todos semellan ter unha máquina de facer cartos debaido da cama… pero o único que imos ver é como os galegos quedamos cunha man diante e outra detrás, pero sen cartos que cheguen para resolver os nosos problemas.

    As súas señorías cobran a nómina tódolos meses sen demora algunha, non si?

    Responder
  2. Gamela   13/02/2020 at 18:01

    Con esta actuación o único que fai Rego é regalarlle os cartos ao bipartito madrileño supoñemos que á conta e anticipo do que serán os acordos co PSOE galego para chegar a constituir un Bipartito ou Tripartito en Galicia (?)

    Os cartos non son deles, por iso son tan xenerosos !!!

    Responder

Comentar noticia

Your email address will not be published.