O BNG, recorda a “neglixente” xestión do PP, nos terreos ocupados polo AVE

Publicado por o día 05/09/2019 na sección de BNG,Galicia,Política,Redondela

O BNG, recorda a “neglixente” xestión do PP, nos terreos ocupados polo AVE

“Renunciaron a converter o Val do Maceiras nun referente de recuperación medioambiental e de producción de mazá”. “Algúns veciñ@s de Quintela, non recibiron íntegramente as súas parcelas”, afirman.

O voceiro do BNG, Xoán Carlos González sae ao paso das declaracións verquidas polo Partido Popular, en canto á xestión de diversos Proxectos algún deles nos terreos afectados pola liña do Eixo Atlántico de Alta Velocidade . “Enmarcamos estas declaracións no revanchismo político ao que xa nos tén acostumados o PP. Os e a súa responsábeis políticos non están á altura do que lle exisen os e as súas votantes”, afirma o edil nacionalista.

Recorda Xoán Carlos González, como o goberno de Javier Bas, evitou negociar con Fomento, “como compensación ás afeccións nos terreos do Val do Maceiras, convertendo este espazo singular, en referente de recuperación medioambiental”. Refírese ao anteproxecto, que no seu día se elaborou co fin de poñer en valor hectáreas ocupadas para a construcción do túnel que chega a Estación de Urzáiz. Na proposta, recollíase unha Senda Verde que enlazaba o Val co casco urbán de Redondela recuperando flora e fauna autóctona, ademáis de fomentar a produción de mazá na zoa de Negros.

Segundo o edil do BNG, “foi a neglixente xestión dos gobernos do PP, o que frustrou a posibilidade de converter o Val do Maceiras nun símbolo de recuperación medioambiental, referente para toda a nosa bisbarra. Pola contra, numerosas propiedades quedaron case improductivas, e a construción de parte da Senda Verde, financiouse con fondos outras administracións, cando debería ser Fomento e ADIF, quen compensaran a Redondela”.

En canto ás reclamacións na parroquia de Quintela, segundo o edil nacionalista “existen reclamacións pendentes dende o ano 2015, de afectad@s, aos que non se lles devolveu íntegramente as fincas ocupadas. Segundo relatan, deixaron de tramitar as denuncias a traverso do xulgado porque se fiaron da palabra do anterior alcalde de Redondela de que iban a ser compensados, cuetionados.

Comentar noticia

Your email address will not be published.