O BNG reunirase co comité de empresa de Alcoa tras anunciar a multinacional que mantén o ERE extintivo

A portavoz nacional, Ana Pontón, e a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, analizarán a situación cos representantes dos traballadores A intervención da SEPI segue a ser a mellor opción de cara a garantir a produción e o emprego, considera o Bloque
Por o 10/01/2019 | Sección: BNG,Política
O BNG reunirase co comité de empresa de Alcoa tras anunciar a multinacional que mantén o ERE extintivo

A portavoz nacional, Ana Pontón, o deputado pola Coruña, Xosé Luís Rivas, e a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Samartín manteñen mañá venres un encontro co comité de empresa de ALCOA na sede do organismo provincial para abordar a situación da fábrica tras o anuncio dunha posible prórroga de seis meses por parte da multinacional pero sen que iso implique deixar de aplicar o ERE de extinción previsto para o 15 de xaneiro.

O BNG considera que o resultado da última reunión entre a dirección da empresa e as administración estatal e galega lonxe de aportar unha solución xera máis incerteza e preocupación, pois todo apunta a que se confirma a aplicación do ERE extintivo previsto para o 15 de xaneiro e que a prórroga leva consigo o despedimento dos e das traballadoras limitándose a deixar a factoría en disposición de ser vendida ao mellor postor.

A formación nacionalista critica a falta de compromiso tanto do Estado como da Xunta que preside Feixóo por colocar sobre a mesa unha verdadeira solución que garanta a continuidade da produción e o mantemento do emprego que, para o Bloque, pasa por unha intervención do Estado a través da SEPI nacionalizando ALCOA e que sexa esta entidade pública a que busque comprador con todas as garantías.

Xunto coa intervención da fábrica, o Bloque tamén considera urxente unha tarifa específica para empresas electrointensivas que vaia vinculada ao mantemento do emprego e a plans de investimento na factoría coruñesa. Cuestións que serán abordadas mañá nese encontro co comité e empresa.

Comentar noticia

Your email address will not be published.