O BNG rexeita a alternativa á N550 en Redondela, proposta no PXOM

Publicado por o día 16/08/2018 na sección de BNG,Galicia,Política,Redondela

O BNG rexeita a alternativa á N550 en Redondela, proposta no PXOM

Dende a organización nacionalista consideran que a proposta recollida no borrador do PXOM, tería un impacto moi negativo para entornos como O Salguieral, ou Eidos. “O novo vial,  trasladaría o problema de miles de vehículos que se desprazarían cara a Vigo, Pontevedra ou Portugal a escasos metros do centro de Redondela,” afirman. Presentaron suxestións de eliminación deste trazado, tanto na Consellaría de Medioambente como no Concello.

Rematados os prazos para a presentación de suxestións ao borrador do Plan Xeral de Redondela, tanto no periodo de propostas de Avaliación Ambiental Integrada, ante a Consellaría de Medioambente, como aportacións ao Equipo Redactor, dende o BNG, decidiron prantexar diversas iniciativas na busca dunha maior protección ambiental, e defensa dos intereses veciñais.

O borrador recolle un vial que partindo dende Vilavella iría soterrado cara a Quintela, saíndo á altura do túnel do AVE. Dende alí, pasaría pola intersección da estrada   que vai a Reboreda e ao barrio de Eidos. A continuación circularíase en paralelo á vía de alta velocidade ata volver a enlazar coa N-550 á altura do acceso ao Pazo Pousadouro. “Unha proposta inviable a todas luces”, afirman dende o BNG.

De igual xeito valoran negativamente a proposta, polo seu impacto na zoa de O Salgueiral-Canabal, por onde pasaría todo o tráfico que na actualidade se desvía polo Scaléxtric. “Nesta zoa verían incrementado en miles de vehículos diarios que terían que ir ata Vilavella para continuar cara a Pontevedra”, resume o responsábel local do BNG, Anxo Lusquiños. Afirma que están de acordo na eliminación do denominado “Scaléxtric”,  “proposta coa que sempre estiveron de acordo, mais buscando solucións que melloren a situación, non que a empeoren”.

Malia iso, consideran que por este novo vial, poderían pasar ata 30.000 vehículos día, ademáis das afeccións consabidas. “Opoñémonos a esta opción por que non prantexa unha solución real ao problema do tráfico rodado, polo seu impacto medioambiental, e o deterioro na calidade de vida de centos de familias”, afirma.

Temen dende a organización nacionalista que esta proposta poida ser rexeitada por Fomento, co que se corre o risco de que recuperen o Proxecto das Variantes de Redondela, recollida nos Orzamentos do Estado, o que tronzaría definitivamente o noso Concello”, afirma o responsábel local.

“Dende o BNG, consideramos que non se trata dunha opción viable, posto que trasladaría o problema que miles de vehículos que a diario causan en Redondela, a escasos metros do centro urbán, afectando moi negativamente a áreas intensamente poboadas como Eidos ou O Salgueiral”, afirman.

“Nas suxestións enviadas á Consellaría de Medioambente, argumentamos que o impacto ambiental, por emisións de CO2, ruídos e afeccións serían dun moi negativo impacto” apunta Anxo Lusquiños, asinante das diversas iniciativas prantexadas pol@s nacionalistas. De igual xeito prantexáronllo ao Equipo Redactor. “As nosas suxestións céntrase na eliminación desta alternativa, para que se estudie outra de menor impacto”, sinala.

Segundo o responsábel local do BNG,“houbo un grupo de veiciños e veciñas que presentaron suxestións a esta proposta, posto que non vai traer ningún tipo de beneficios para o conxunto da veciñanza”.

“Dende o BNG consideramos que a alternativa ao problema dos miles de vehículos que a diario cruzan por Redondela, debe recoller unha proposta de menor impacto social e medioambiental,  e que sexa viable. Non se pode prantexar unha solución que prantexe maiores problemas. Cómpre paralelamente a potenciación do transporte publico dentro da Rede de Transporte Metropolitano como o tren e o autobús”, remata na súa nota o