O “bng” solicita información sobre os fedores procedentes de AUCOSA

Por o 06/02/2019 | Sección: BNG,Galicia,Política,Redondela
O “bng” solicita información sobre os fedores procedentes de AUCOSA

Durante unha semana do mes de xaneiro, as parroquias de Trasmañó e Chapela, padeceron os intensos cheiros desta empresa productora de fariñas a partires de sobras de peixe, ubicada na beiramar de Cabanas. “As queixas de veciños e veciñas, referíanse a varios días, que mesmo lles impediron a abrir as fiestras”, segundo o voceiro municipal do bng, Xoán Carlos González.

Nun escrito presentado o 28 de xaneiro o voceiro nacioalista, preguntáballe ao alcalde de Redondela, Javier Bas, sobre a problemática orixinada nesta factoria. Varias semanas despois, “a calada, a falla de información é a única resposta da que dispoñemos”.

No escrito presentado, pretendíase saber se o Concello de Redondela, “tén recibido máis denuncias sobre este periodo con malos cheiros e fedores, ou de calquera outro de carácter puntual, e se se teñen iniciado algún tipo de expedientes co fin de coñecer se a empresa incumple algún tipo de normativa”.

Recorda o edil do bng, como a empresa AUCOSA, desenvolve unha actividade na beiramar de Redondela na propia Rede Natura 2000, en terreos da Autoridade Portuaria de Vigo. “O consello de administración deste ente, no que Javier Bas participa como alcalde de Redondela, acaba de prorrogar a actividade ata o 2029, malia que existen sentenzas que poñen en dúbida a súa actividade”. “Solicitamos que se nos facilitara copia da acta desta xuntanza, responstándonos cal era a finalidade, como se non se tratase dun ente de carácter público, e o bng, unha organización obrigada a defender os intereses da veciñanza. Nunha falla total de transparenza”.

Xoán Carlos González, afirma que a empresa debe sufrir un constante seguemento por parte do Concello para evitar as molestias aos veciños e veciñas, cuestión que non se está a cumprir. “Mesmo o alcalde de Redondela, organizou unha asemblea para apoiar a ampliación da factoria, que lle vai supoñer pingües beneficios á Autoridade Portuaria. Pola contra negouse a subirlle o IBI, para non encomodalos”, afirma. “Lonxe de estar ao servizo da veciñanza, Javier Bas volve demostrar que prima os intereses de entidades como a Autoridade Portuaria, controlados polo Partido Popular, e de empresas que cuidan únicamente os seus dividendos.

Comentar noticia

Your email address will not be published.