O BNG solidarízase co bombeiro vigués agredido por fascistas en Madrid

Publicado por o día 21/10/2019 na sección de BNG,Galicia,Política,Vigo

O BNG solidarízase co bombeiro vigués agredido por fascistas en Madrid

O Bloque Nacionalista Galego vén de expresar a súa solidariedade co bombeiro vigués Miguel Ucles, após ser obxecto dunha agresión fascista ao remate dunha mobilización estatal en Madrid do colectivo dos bombeiros no día de onte.

O concelleiro do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, publicou esta tarde unha mensaxe no seu perfil na rede social Facebook, despois de falar con Ucles para interesarse pola súa situación, expresando o seu apoio ao bombeiro e condenando a agresión.

“Onte os bombeiros de Vigo sumáronse a outros compañeiros de todo o Estado para esixir que se garantan os seus dereitos e estean nas mellores condicións para nos protexer a todas. 

Ao remate un fascista agrediu, covardemente polas costas, ao compañeiro Miguel Ucles, delegado da CIG, ao identificalo como un “independentista” mentres gardaba as bandeiras. Acabo de falar con el e a nivel físico non pasou duns golpes, inda que o peor nestes casos é a raiba e a impotencia diante da barbarie facha que campa libremente polas rúas e da impasividade de quen ollou a escena sen facer nada.

Todo o meu apoio a Miguel. Non estás, nin nunca estarás só.

Non pasarán! Stop fascismo” recóllese no texto publicado por Igrexas.

Onte os bombeiros de Vigo sumáronse a outros compañeiros de todo o Estado para esixir que se garantan os seus dereitos e…

Publicada por Xabier Pérez Igrexas en Domingo, 20 de octubre de 2019