O BOE publica a adenda do convenio para garantir o abastecemento de auga en Vigo

O estudio ten como obxectivo determinar unha solución definitiva de subministro de auga durante todo o ano e especialmente en períodos de secas severas. Concello, Confederación Hidrográfica e Augas de Galicia pagarán a partes iguais os 200.000 euros que custa o estudo.
Publicado por o día 11/01/2020 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O BOE publica a adenda do convenio para garantir o abastecemento de auga en Vigo

O Boletín Oficial do Estado (BOE) publica este venres a resolución da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil pola que publica a Adenda modificativa do Convenio con Augas de Galicia e o Concello de Vigo para a mellora da garantía do abastecemento en Vigo.

Segundo informou o alcalde de Vigo en rolda de prensa, a adenda publicada este venres modifica a cláusula segunda, de maneira que a vixencia do convenio concluirá o 31 de decembro de 2022, coa posibilidade de acordar a súa prórroga se non finalizaron as actuacións.

Abel Caballero tamén indicou que se modifica o anexo de anualidades, de maneira que unha parte se abonará en 2020 e a restante en 2021. Así, este ano cada unha das tres administracións pagará 63.333,25 euros e no vindeiro curso a cantidade de cada un será de 3.3333,25 euros, para sumar un total de 200.000 euros.

O financiamento vai destinado a elaborar un informe que ofreza unha solución definitiva para a escaseza de auga en períodos de seca e que garante o abastecemento durante todo o ano. O alcalde indicou que esperaba ter os resultados a finais do presente ano 2020.

Transporte

Por outra banda, o rexedor informou de que o Concello de Vigo xa recibiu unha subvención ao transporte colectivo urbano do Ministerio de Hacienda por un importe de 1.274.362 euros.

Comentar noticia

Your email address will not be published.