O bus histórico percorrerá os barrios de Vigo

O “Cometa” estará estacionado en diferentes ubicacións para que os vigueses poidan coñecer de primeira man a historia do transporte urbano na cidade
Publicado por o día 28/09/2018 na sección de Galicia,Vigo

O bus histórico percorrerá os barrios de Vigo

No marco do 50 Aniversario de Vitrasa, o Bus Histórico da compañía percorrerá diferentes barrios de Vigo co obxectivo de que as viguesas e vigueses poidan coñecer de primeira man a historia do transporte urbano na cidade. O “Cometa” estará estacionado nas ubicacións que se detallan a continuación dende o luns 1 e ata o sábado 6 de outubro:

• Luns 1 de outubro. Horario: 12:00-14:00 h. Lugar: Farola Urzáiz
• Luns 1 de outubro. Horario: 17:00-19:00 h. Lugar: Porta do Sol
• Martes 2 de outubro. Horario: 12:00-14:00 h. Lugar: Peatonal Calvario
• Martes 2 de outubro. Horario: 17:00-19:00 h. Lugar: Peatonal Calvario
• Mércores 3 de outubro. Horario: 12:00-14:00 h. Lugar: Mercado Teis
• Mércores 3 de outubro. Horario: 17:00-19:00 h. Lugar: Navia (explanada Froiz)
• Xoves 4 de outubro. Horario: 12:00-14:00 h. Lugar: Praza Amériza (diante Instituto Santa Irene)
• Xoves 4 de outubro. Horario: 17:00-19:00 h. Lugar: Parque Castrelos (entrada)
• Venres 5 de outubro. Horario: 12:00-14:00 h. Lugar: Bouzas
• Venres 5 de outubro. Horario: 17:00-19:00 h. Lugar: Centro Comercial A Laxe/nadador
• Sábado 6 de outubro. Horario: 11:00-14:00 h. Lugar: Samil (se o tempo o permite, de non ser así,
CC. Gran Vía)
• Sábado 6 de outubro. Horario: 17:00-20:00 h. Lugar: CC Gran Vía (Baixada ó Castaño)

Os transeúntes que estean interesados poderán acceder ao interior do vehículo que está totalmente restaurado e para o que se acometeu durante meses un exhaustivo proceso de renovación para recuperar o modelo orixinario que percorría as cidades de Vigo hai 50 anos. Os visitantes recibirán un folleto explicativo cos 50 anos da historia de Vitrasa na cidade.