O Bus turístico de Vigo activa a venda online de billetes

O 45% das prazas estarán reservadas para a venda online, mentres que o resto, poderá adquirirse a pé de bus, mediante pago con tarxeta bancaria ou efectivo.
Publicado por o día 20/08/2020 na sección de Galicia,Vigo

O Bus turístico de Vigo activa a venda online de billetes

Co obxectivo de mellorar cada día a experiencia das viaxeiras e viaxeiros, Vitrasa pon en marcha a venda online de billetes para todas as expedicións do Bus Turístico de Vigo. Desde mañá, venres 21 de agosto, os visitantes que queiran descubrir a cidade a bordo do emblemático autobús vigués poderán adquirir o seu billete con antelación e asegurarse así a súa praza. En total, son 36 as prazas reservadas para a venda dixital, o que supón un 45% da capacidade total do autobús. A venda a pé de bus continúa dispoñible como até agora, onde os viaxeiros poden elixir entre o pago con tarxeta bancaria ou efectivo.

A venda de forma online estará habilitada para tódalas viaxes do Bus Turístico, que actualmente percorre a cidade todos os días da semana en dúas saídas diarias (ás 11:00 e 16:30 horas) desde a Estación Marítima de Vigo. Os interesados en mercar o seu billete online poderán facelo até unha hora antes da saída do autobús a través da plataforma viguesa de venta de entradas Woutick!. A ligazón para acceder a plataforma estará dispoñible na páxina web de Vitrasa (www.vitrasa.es) e en Turismo de Vigo (www.turismodevigo.org).

Con esta novidade, os viaxeiros poderán organizar mellor a súa visita á cidade reservando praza no bus para o día e hora que mellor se adapte a súas necesidades. O prezo do billete dixital é o mesmo que o actual adquirido a pé de bus (7,50 euros para os adultos e de 4 euros para os menores de entre 5 e 14 anos. Os menores de 5 anos viaxan gratis) e se poderá elixir entre o piso de arriba -no que o teito é despregable e a experiencia moi divertida- e o de abaixo. Para acceder ó autobús, os viaxeiros terán que levar o billete impreso ou no seu teléfono móbil e ensinarllo ao condutor. No autobús, o uso da máscara é obrigatorio.

O Bus Turístico convértese nun plan idóneo para todo tipo de visitantes, pero tamén nunha oportunidade para os cidadáns de Vigo de redescubrir a súa propia cidade. Durante o percorrido, que conta con audio guías en 8 idiomas, ademáis de ver os elementos máis característicos e singulares de Vigo, os viaxeiros poderán coñecer a orixe e gran desenvolvemento da cidade, así como a súa forte vinculación co mar. Este servizo, que cumpre 20 anos na cidade, suma agora ao pago a través de TPV a pé de bus, a venda online de billetes. Durante os últimos cinco anos, este servizo foi empregado por máis de 30.000 turistas. En concreto, o ano pasado, subiron ao bus turístico 7.137 persoas durante a tempada estival.

Comentar noticia

Your email address will not be published.