O C. B. Seis do Nadal – Coia clausura a 1ª semana do Campus de Verán 2015

Publicado por o día 04/07/2015 na sección de Baloncesto,Deportes

O C. B. Seis do Nadal – Coia clausura a 1ª semana do Campus de Verán 2015

O Club  Baloncesto Seis do Nadal – Coia clausurou o pasado venres 3 de xullo do 2015 a primeira semana do seu Campus de Verán 2015 “Xornadas de Tecnificación” que está organizando nas instalacións do Colexio Seis do Nadal con máis de cincuenta rapaces e rapazas.

Desde o luns 30 de xuño ata o venres 3 de xullo tódolos inscritos no Campus de Verán do Seis do Nadal tiveron, ao longo de tódalas mañás, sesións de adestramento de diferentes fundamentos da técnica individual a cargo de adestradores do corpo técnico do club.

Ademais tódolos inscritos disfrutaron da visita de Jonathan Barreiro e Álex Mazaira, xogadores galegos actualmente do Real Madrid de Baloncesto e do FC Baloncesto respectivamente, dos cales puideron escoitar a súa experiencia desde os seus comezos no deporte da canastra e tamén facerlle preguntas sobre a súa traxectoria.

Ademais, tódolos inscritos na primeira semana do campus tiveron a oportunidade de poder participar nunha sesión completamente en ingés levada a cabo por un monitor de Class Escola de Idiomas e nunha sesión de pilates levada a cabo pola monitora de Ximnasia Rítimica do Colexio Seis do Nadal.

A partir do luns 6 de xullo e ata o venres 10 de xullo terá lugar, co mesmo formato que a primeira, a segunda semana do Campus de Verán do club vigués que será inaugurada, o lunes 6 de xullo, coa visita de David Navarro, xogador do MoraBanc Andorra da Liga Endesa.

PRENSA ÁREA DEPORTIVA C.B. SEIS DO NADAL COIA