O Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia organizou por segunda tempada consecutiva, e durante o presente mes de agosto, o seu Ciclo de Formación Interna para Adestradores/as. Cun total de 30 participantes, entre os que se atopan adestradores/as de iniciación e xogadores/as que buscan comezar o seu camiño como adestradores/as, o club vigués forma aos seus futuros técnicos.
Sergio González, Director Deportivo e adestrador da entidade, é o responsable desta iniciativa que ten como eixo central a “Planificación e Metodoloxía do Adestramento”. A través dunha serie de sesións teóricas e prácticas, sumando doce horas de formación presencial, tódolos participantes tiveron un primeiro achegamento á realidade dun adestrador de baloncesto de formación.
O próximo martes a entidade levará a cabo a última sesión do seu segundo Ciclo de Formación, iniciativa que xa está consolidada como unha actividade imprescindible durante o calendario de verán e que para as próximas tempadas o Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia pretende extender aos demais clubs da cidade.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.