O C.B. Seis do Nadal – Coia participa desde a pasada fin de semana no II Torneo sub22 masculino da Fed. Galega de Baloncesto

Publicado por o día 04/06/2015 na sección de Baloncesto,Deportes

O C.B. Seis do Nadal – Coia participa desde a pasada fin de semana no II Torneo sub22 masculino da Fed. Galega de Baloncesto

O Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia participa desde a pasada fin de semana no Segundo Torneo Sub22 Masculino organizado pola Federación Galega de Baloncesto, despois da primeira edición que a tempada pasada fora unha iniciativa do Club Ourense Baloncesto e ABO Ourense.

O II Torneo Sub22 Masculino converteuse na mellor opción de postempada para os clubs galegos interesados en participar, concretamenteoito equipos participantes: Seis do Nadal Coia, Club Ourense Baloncesto, Rosalía de Santiago, VGO Básquet (Vigo), CB Vilagarcía, Básquet Coruña e Estudiantes de Lugo con dous combinados.

Serán tres as concentracións que terán lugar neste torneo: a fin de semana do 30 de maio en Vigo e Santiago, a fin de semana do 13 de xuño en Ourense e Vilagarcía, e a fin de semana do 27 de xuño en A Coruña e Lugo. O Seis do Nadal Coia particpará nas concentracións que terán lugar en Vigo, Ourense e Lugo, cun formato de semifinais e final que reunirán a catro equipos que competirán en cada sede.

O equipo Sub22 Masculino do Seis do Nadal – Coia está composto por xogadores nados entre os anos 1993 e 1998 procedentes doSénior Masculino de 1ª División do club, do Sénior Masculino de 3ª División da entidade e de xogadores de categoría júnior. O obxectivo deste combinado, que está dirixido por Sergio González, Francisco Javier García e Albert Tomas, é ter unha postempada que reforce o traballo individual e táctico desta tempada e na que poidan traballar aspectos e contidos de cara á futura campaña.

A primeira cita do noso conxunto neste torneo tivo lugar o pasado domingo 31 de xuño do 2015 en Vigo nos pavillóns de Navia, pola mañá, e Berbés, na xornada de tarde. Os partidos que se disputaron e os resultados obtidos foron os seguintes:

10:00 horas: Sigaltec 47 – VGO Básket 62

12:00 horas: Básquet Coruña 84 – Seis do Nadal Coia 68

17:00 horas: Sigaltec 58 – Seis do Nadal Coia 39

19:00 horas: VGO Básket 62 – Básquet Coruña 69