O Cabo incorpora a calidade urbana do centro da cidade

O alcalde visita esta tarde o barrio logo de que se teña reformado integralmente: melloraronse o pavimento, os servizos, a iluminación, o mobiliario público…
Por o 10/04/2018 | Sección: Galicia,Pontevedra
O Cabo incorpora a calidade urbana do centro da cidade

O alcalde Miguel Anxo Fernández Lores e o concelleiro de Obras, Demetrio Gómez, visitaron onte a tarde a parroquia de Lourizán, en concreto, o barrio do Cabo en compañía dos veciños para coñecer a reforma integral que o Concello acaba de rematar. A visita partirá ás 19.30 da praza dos Praceres, onde tamén coñecerán algunhas das melloras realizadas recentemente nesta zona como o novo parque infantil ou a estrada de acceso á pasarela peonil das mariscadoras, para rematar no barrio do Cabo.

As obras consistiron nunha rehabilitación integral: mellora do pavimento, servizos soterrados para que as empresas de telefonía e electricidade baixen o cableado, iluminación pública, mobiliario urbano, reordenación dos estacionamentos ao carón da Confraría de pescadores, eliminación de barreiras arquitectónicas… O investimento superou os 200.000 euros adxudicado á empresa E.C.Casas.

“Estou moi contento co resultado final da actuación porque ten unha alta calidade urbana, nun barrio complexo”, explicaba Fernández Lores que aclaraba que as construcións invaden o espazo público en moitos dos puntos do barrio. “Pero hai un cambio substancial porque estaba en terra, con malos servizos…  e conseguiuse resultado espléndido”.

Lores recordou que “a idea do Goberno Local é facer as cousas ben non só no centro da cidade senón tamén nos núcleos rurais, buscando espazos de centralidade parroquial”, como xa está feito en Salcedo, Campañó… “e nos que se está traballando nos últimos tempos e nos que queremos traballa no futuro”.

“Hoxe pola tarde visitaremos este espazo xunto aos veciños. Hai motivo para esa convivencia e celebralo porque aquí houbo unha colaboración altísima dos veciños da parroquia que facilitaron as cousas á empresa que fixo a obra”, aclarou o alcalde.

O Concello de Pontevedra ten varios proxectos abertos na parroquia de Lourizán como a rehabilitación integral da subida ao Regueiriño dende a Carballeira 207.374,1 euros, ou a reforma integral do antigo Mercado. A adxudicación desta obra á empresa Construcciones Pérez Abilleira por 452.182 euros foi aprobada esta mañá pola Xunta de Goberno Local.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.