O Cadete Masculino C do C.B. Seis do Nadal – Coia proclamouse campión da Copa Primavera Vigo

Publicado por o día 04/06/2015 na sección de Baloncesto,Deportes

O Cadete Masculino C do C.B. Seis do Nadal – Coia proclamouse campión da Copa Primavera Vigo

O equipo Cadete Masculino “C”, Seis do Nadal “C”, do Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia, adestrado por Breixo Solla e Carlos García, proclamouse Campión da Copa Primavera Vigo cadete masculina organizada pola Delegación Viguesa de Baloncesto.

O equipo do Seis do Nadal estivo encadrado no Grupo “B” da primeira fase da Copa Primavera xunto a Novobásket Amarillo, PBB “B” e Compañía de María. Nesta primeira fase conseguiu un balance de tres vitorias nos tres partidos xogados, balance que lle outorgaba o primeiro posto do grupo e unha das prazas na final.

A final da Copa Primavera Vigo de categoría cadete masculina enfrontou ao Seis do Nadal “C” e ao CB Baiona Torvigo, primeiro clasificdao do Grupo “A”. No partido de ida disputado no pavillón municipal de Baiona o conxunto do Seis do Nadal conseguía unha vitoria (51-63) que foi confirmada no partido de volta xogado no Colexio Seis do Nadal (56-36).

gIMG_0169

O equipo Seis do Nadal “C” recibiu o trofeo que os acreditaba como equipo campión da Copa Primavera Vigo das mans de Jorge González, en representación da Delegación Viguesa de Baloncesto e da Federación Galega de Baloncesto.