O cadete masculino “C” do Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia campión da copa primavera da segunda división cadete masculina 2017/2018

Por o 11/06/2018 | Sección: Baloncesto,Deportes
O cadete masculino “C” do Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia campión da copa primavera da segunda división cadete masculina 2017/2018

O equipo Cadete Masculino “C” do Club Baloncesto Seis do Nadal – CoiaPintunova Seis do Nadal, adestrado este curso por Sergio González e Hugo López, proclamouse campión da Copa Primavera da Liga 2ª División Cadete Masculina da presente tempada 2017/2018.

O noso equipo disputou a final da Copa Primavera tras rematar no primeiro posto do Grupo “A” cun balance de catro vitorias nos catro partidos disputados. Na final ante o Baiona Torvigo, primeiros clasificados do Grupo “B”, o Pintunova Seis do Nadal conseguía proclamarse campión da competición vencende cun resultado final de 68-34 no pavillón de Navia.

Este novo título de Copa Primavera conseguido polo Cadete Masculino “C” do Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia súmase aos conseguidos polos conxuntos Júnior Masculino “C” e Benxamín Feminino, que tamén se impoñeron nas súas respectivas competicións de Copa.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.