O Calvario terá unha nova zona de lecer

Luz verde á ampliación e transformación do parque Maruja Mallo por 400.000 euros
Publicado por o día 14/12/2018 na sección de Galicia,Vigo

O Calvario terá unha nova zona de lecer

O Concello deu  luz verde á ampliación e remodelación do parque infantil da praza Maruja Mallo cun orzamento de 400.000 euros. O proxecto contempla a reestruturación do conxunto para transformalo nun ” macroparque” destinado aos máis pequenos. Os plans do Concello pasan tamén por renovar as acometidas de abastecemento, saneamento e iluminación, así como a creación de tres zonas deseñadas para usuarios de diferentes idades: unha común, outra para maiores de cinco anos e unha terceira destinada a menores desa idade. Cada unha delas incorporará diferentes elementos adaptados.