O Campionato de España de Baloncesto Feminino Infantil reunirá a 500 deportistas na cidade

A cita deportiva desenvolverase do 10 ao 16 de xuño en tres escenarios: CGTD, pavillón Universitario e “Príncipe Felipe”
Publicado por o día 16/03/2018 na sección de Galicia,Pontevedra

O Campionato de España de Baloncesto Feminino Infantil reunirá a 500 deportistas na cidade

Pontevedra suma o Campionato de España de Baloncesto Feminino Infantil -que se vai a desenvolver na cidade do 10 ao 16 de xuño-  ao seu calendario de grandes eventos deportivos para este ano. 32 equipos e máis de 500 participantes falan do alcance da cita que porá o foco, unha vez máis, na capital do Lérez.

O alcalde Miguel Fernández Lores asinou hoxe co presidente da Federación Galega de Baloncesto, Francisco Martín, o protocolo de colaboración para a celebración do campionato, un evento que non sairía adiante sen a colaboración do CB Arxil, cuxa presidenta, Maite Méndez, asistiu a sinatura do protocolo.

Será a terceira vez que Pontevedra acolla esta competición, após das exitosas experiencias dos anos 2014 e 2015.

Lores lembrou a aposta que fai o Concello polo deporte, tanto de elite como de base, e a derivada económica dos eventos deportivos como este Campionato de España de Baloncesto Infantil que moverá, xunto ás xogadoras (nenas de 12 e 13 anos) a moitos pais e nais e outras familiares á cidade.

O campionato desenvolverase en tres escenarios: o CGDT e os pavillóns Universitario e “Príncipe Felipe”, xa que o Pavillón municipal nesas datas estará en obras