O campo da feira pecharase mañá ao estacionamento polos traballos de instalaciónd da carpa Mahou da Feira do Cocido

Publicado por o día 12/02/2019 na sección de Galicia,Lalín

O campo da feira pecharase mañá ao estacionamento polos traballos de instalaciónd da carpa Mahou da Feira do Cocido

O Concello de Lalín informa de que mañá, a partir das 08.00 horas, o campo da feira vello quedará inhabilitado para o estacionamento de vehículos por mor da realización dos traballos de montaxe da carpa Mahou da Feira do Cocido. Unha vez finalizados, (calcúlase que no prazo dun día e medio) a parte libre desta superficie volverase habilitar para o aparcamento. A instalación da infraestrutura patrocinada por Mahou que se vai instalar no campo da feira vello para acoller o mercado da Feira do Cocido así como outros eventos, condicionará a celebración das feiras do día 18 de febreiro e do 3 de marzo, que se trasladará á zona do Regueiriño. Os postos da rúa Rosalía de Castro das feiras do 3 e 18 non variarán a súa ubicación.

A carpa ampliará este ano de novo o seu tamaño para dar cabida a un maior número de expositores. Este elemento totalmente transparente de tipo iglú pasará -como na pasada edición- a medir 85 metros lineais de longo, cunha anchura de 20 metros, incrementando o número de postos ata un total de 48.  Con esta iniciativa o Goberno reafirma a súa aposta pola celebración dun mercado de produtos alimentarios da máxima calidade, dentro das actividades principais da Feira, que celebra o seu día grande o 24 de febreiro, dándolle a oportunidade aos produtores de contar cun espazo inmellorable para a exposición e venda das súas mercadorías. Ademais, a carpa Mahou permitirá, como cada ano desde a súa posta en marcha, desenvolver unha gran cantidade de actividades lúdicas e culturais  no marco da Feira do Cocido, como o Cocido Miúdo ou o desfile de de ntroido, cunha gran presenza de público e independentemente das posibles adversas circunstancias meteorolóxicas.