O candidato a Xunta Luís Villares por En Marea estivo cos afectados da saraiba na Ribeira Sacra

Luís Villares: “Esixirémoslles ás Administracións que valoren os danos nos viñedos coa mallor axilidade e adianten as compensacións aos adegueiros da Ribera Sacra”.
Por o 17/08/2016 | Sección: Eleccións Galegas,En Marea,Lugo,Vigo
O candidato a Xunta Luís Villares por En Marea estivo cos afectados da saraiba na Ribeira Sacra

Luís Villares: “Esixirémoslles ás Administracións que valoren os danos nos viñedos coa mallor axilidade e adianten as compensacións aos adegueiros da Ribera Sacra”.

Desde Sober o candidato de En Marea á presidencia da Xunta, Luis Villares visitou esta tarde en Doade a zona de viñedos  afectada polo pedrazo que, en un pouco máis dunha hora, causou graves estragos na colleita de moitos adegueiros da ribera Sacra. “Queremos amosar un apoio dedicidido ao sector vitivinícola. Onte puxémos en contacto co consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra para ofrecerles a nosa colaboración e puidesen necesitar”, sinalou Villares.

Dende a Marea Galega reclamaraselle ás diferentes administración públicas implicadas “que cumpran coas súas obrigadas e que as axudas prometidas se produzcan con axilidade, pois non podemos permitir que o pagamento das indemnizacións por parte dos seguros e por parte dos organismos públicos se retrase. Para iso é preciso que se valoren os danos coa mellor brevidade posible e que se asegure o cobro, incluso adiantando os cartos para que os productores poidan recuperar a actividade nun prazo de tempo razoable”.

Luís Villares tamén demandou compensacións para que os productores poidan reparar as infraestructuras danadas “como é o caso dos camiños de acceso e o establecemento de novos puntos de luz arrer dos raís. En difinitiva, a creación dunhas condicións óptimas para poder levar a cabo o traballo da viticultura”, concluiu o candidato a presidir a Xunta por En Marea.

Xuntanza coas mareas do sur de Lugo

Trala visita á zona afectada pola saraiba, Luis Villares mantivo en Monforte unha xuntanza coas mareas do sur da provincia, na que participaron tamén multitude de persoas a titulo individual, que lle formularon as súas dubidas e suxestions ao candidato á presidencia da Xunta.

Mañá, continuara a súa rolda de encotros abertas coa xente das mareas de toda Galicia, cunha cita no Barco de Valdeorras que terá lugar ás 20 horas no Local Multiusos.

ilcanallarubens_luisvillares_xuntanza mareas sur lugo_2016