O candidato de Compromiso por Galicia Vigo pide incluir a facturación directa aos aeroportos de Santiago e Porto desde a próxima intermodal Mayne

Xoán Antonio Cortés di que non entendemos como pode o Concello de Vigo gastar unha manchea de cartos e non consolidar ningunha das rutas europeas abertas durante a época estival.
Publicado por o día 10/04/2019 na sección de Compromiso por Galicia,Galicia,Política,Vigo

O candidato de Compromiso por Galicia Vigo pide incluir a facturación directa aos aeroportos de Santiago e Porto desde a próxima intermodal Mayne

Temos que ver se non seria mellor subvencionar o transporte público aos aeroportos xa mais consolidados como o de Sá Carneiro ou o Rosalía de Castro de Santiago”

Xoán Antonio Cortés aposta pola complementariedade, temos que ser complementarios desde Porto a A Coruña, non podemos deixar de escoller outro camiño que non sexa o da colaboración entre galegos e portugueses, tanto neste ámbito como noutros que inflúen na nosa economía.

Para o candidato á alcaldía dos galeguistas: “temos que ver se non seria mellor subvencionar o transporte público aos aeroportos xa mais consolidados; como o de Sá Carneiro de Porto ou o de Rosalía de Castro de Santiago de Compostela; temos que deixar a un lado os localismos e dar paso a políticas de cooperación, tanto coa Xunta, como a transfronteiriza con Portugal, o actual sistema é tremendamente caro e sumamente ineficaz para os habitantes da eurorexión”.

Compromiso por Galicia aposta por subvencionar o transporte de pasaxeiros terrestre e incluír a facturación directa desde a próxima estación intermodal deseñada por Maine.

Neste sentido, atendendo unha das reivindicacións históricas do sector das axencias de viaxes, desde CxG falan na aplicación dun sistema de facturación directa desde a estación de orixe, facilitando e dando deste modo as máximas comodidades para os usuarios do novo sistema. Segundo os estudos este sistema aforraría tempo aos viaxeiros no proceso de facturación da equipaxe no propio aeroporto e seria un incentivo mais para achegarse en transporte público terrestre para coller o avión.

Desde Compromiso apuntan que ter un deseño de país competitivo implica deixar atrás localismos sen sentido, que unicamente redundan no malgasto de millóns de euros de cartos públicos e nunha falsa idea de riqueza. Temos a 1 hora de viaxe o que está a converterse nun dos mellores interconectores da aviación no marco europeo e que ven de gañar o premio de Mellor Aeroporto Europeo 2019, temos que aproveitar estas sinerxías, destinando os cartos públicos de maneiras eficientes e non “populistas” como desde o goberno de Abel Caballero ou da Xunta están a facer na actualidade.