O candidato galeguista á alcaldía de Vigo, Xoán Antonio Cortes, lamenta que durante os últimos mandatos só se teñan impulsado proxectos visuais na cidade

Compromiso por Galicia defende un concello creador de riqueza e emprego
Publicado por o día 13/05/2019 na sección de Compromiso por Galicia,Galicia,Política,Vigo

O candidato galeguista á alcaldía de Vigo, Xoán Antonio Cortes, lamenta que durante os últimos mandatos só se teñan impulsado proxectos visuais na cidade

O candidato galeguista á alcaldía de Vigo, Xoán Antonio Cortes, lamenta que durante os últimos mandatos só se teñan impulsado proxectos visuais na cidade, e non se teña incidido máis en fomentar o seu motor económico-empresarial, imprescindible para a creación de riqueza e emprego.

Xoán Antonio Cortes defende a creación de riqueza e emprego como base para a mellora do benestar social, impulso demográfico e a consolidación de Vigo como futuro lider da rexión económica Galicia-Norte de Portugal, polo que aposta por desenvolver un Plano Estratéxico Empresarial local deseñado pola Universidade de Vigo en colaboración coas asociacións empresariais e clusters industriais máis importantes do noso entorno, así como un impulso a programas de financiamento específicos, tanto públicos como privados, en coordinación coas cámaras de comercio, as administracións locais, Concello e Deputación.

A formación galeguista considera imprescindible neste campo o apoio decidido ao tecido comercial e empresarial local, en difícil situación no entorno global e multinacional de hoxe, co obxectivo de fomentar o dinamismo económico e a creación de emprego na nosa contorna, exercendo a defensa activa da pequena e mediana empresa, así coma dos traballadores autónomos, fomentando a protección e impulso da pequena empresa familiar a través de iniciativas de profesionalización da xestión.

“Plan Vigo Sociedade Emprendedora”

CxG aposta tamén polo fomento do espírito emprendedor e da creación de empresas a través da posta en marcha dun plano integrado, co fin de impulsar o espírito emprendedor a creación de novas empresas como instrumento de riqueza e emprego.

Comentar noticia

Your email address will not be published.