O cantante británico Sting actuará no Auditorio de Castrelos o 1 de agosto

Abel Caballero fixo este mércores o primeiro dos anuncios para as festas de verán de 2020 no Auditorio ao Aire Libre de Castrelos. O artista británico Sting actuará o vindeiro 1 de agosto dentro da súa xira mundial “My songs”. O alcalde mostrou a súa satisfacción por poder contar cun músico do nivel do inglés.
Publicado por o día 22/01/2020 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O cantante británico Sting actuará no Auditorio de Castrelos o 1 de agosto

Sting actuará no Auditorio de Castrelos o vindeiro 1 de agosto dentro da programación Vigo en Festas 2020. Foi o propio alcalde, Abel Caballero, quen fixo o primeiro dos anuncios para as esperadas actuacións do verán na cidade.

Segundo indicou o rexedor, Vigo entra así a formar parte da xira “Sting: My Songs”, un espectáculo que actualmente está percorrendo Estados Unidos para rememorar todos os grandes éxitos na prolífica carreira do 17 veces gañador dos Premio Grammy, tanto como integrante de The Police como sendo solista.

“Estou encantando con esta actuacións, é un cantante extraordinario con moitísimos recoñecementos internacionais, vai a ser unha actuación espectacular”, explicou. O alcalde tamén engadiu que proximamente informará sobre horarios e venta de entradas.

O compositor, cantante, actor y activista Sting naceu en 1951 Newcastle e en 1977 trasladouse a Londres onde formou o grupo The Police xunto a Stewart Copeland e Andy Summers. A banda publicou cinco álbums de estudio, gañou 6 premios Grammy, 2 Brits e foi incluída no salón da fama do Rock & Roll en 2003.

En solitario, Sting recibiu outros 11 premios Grammy, 2 Brits, un Globo de Oro, un Emmy, catro nomeamentos aos Oscar, un nomeamento ao Tony e foi distinguido pola revista Billboard como persoa do ano na música en 2014.

Comentar noticia

Your email address will not be published.