O cartaz das festas do veran en Castrelos vai tendo contido

Publicado por o día 09/05/2019 na sección de Eventos,Galicia,Vigo

O cartaz das festas do veran en Castrelos vai tendo contido

Castrelos rememorará no verán a época de “a movida” co concerto de Fangoria. A camaleónica banda liderada por Alaska subirase ao auditorio do popular parque vigués o 24 de xullo ás once da noite, como anunciou onte o alcalde, Abel Caballero. É o quinto concerto do verán pechado.
 
O cantante británico de música pop Rick Astley, que alcanzou o seu maior éxito a finais dos anos 80, estará no auditorio de Castrelos o próximo 26 de xullo. Así o anunciou esta mañá o alcalde da cidade, Abel Caballero, quen o defina como unha “icona mundial dos anos 80” que “segue en activo”.
 
O primeiro anuncio chegaba en marzo cando se soubo que Tom Jones, o “Tigre de Gales”, actuaría na cidade olívica o 23 de xullo. Lauryn Hill e Roger Hodgson tamén recalarán coas súas xiras no escenario de Castrelos (17 e 29 de xullo, respectivamente),  Jared Leto e a súa banda 30 Seconds to Mars que actuará en Vigo o 1 de agosto.

Comentar noticia

Your email address will not be published.