O castelo de Sobroso “RE-ACCIONA” a ritmo de “falúa” da man da Deputación de Pontevedra

A presidenta Carmela Silva non quixo perderse a actuación de Sara de Sousa e Gonzalo Goás que encheron o recinto de música fusión entre a tradición galega e lusófona
Publicado por o día 08/08/2020 na sección de Deputación de Pontevedra,Galicia

O castelo de Sobroso “RE-ACCIONA” a ritmo de “falúa” da man da Deputación de Pontevedra

Nin unha cadeira valeira. Xa fai tempo que todas as prazas estaban esgotadas para ver ao dúo Falua, actuación enmarcada no programa cultural “Re-Acción nos Castelos” da Deputación de Pontevedra, pero o espectáculo musical da cantante Sara de Sousa e o guitarrista acústico Gonzalo Goás Amado, superou todas as expectativas. Un concerto espectacular nun dos enclaves patrimoniais de maior beleza da provincia, ao que tamén asistiu a presidenta provincial, Carmela Silva, a alcaldesa en funcións de Ponteareas, Cristina Fernández, e o deputado provincial Santos Héctor.

O máxico recinto de Sobroso quedou en silencio ás 19.30 horas para escoitar con atención as notas que deron comezo ao concerto de Sara de Sousa e Gonzalo Goás, unha actuación longamente aplaudida na que a formación folk do violista mestúrase coa tradición fadista, creando deste xeito o estilo que da unha nova luz a temas que forman parte da historia musical lusófona. Ambos levaron ao público, que gardou todas as medidas de seguridade de distancia e mascarilla obrigatoria, a un percorrido polos sons da lusofonía con músicas galegas, portuguesas e mesmo brasileiras.

“Re-Acción nos Castelos!” volverá o próximo mércores 12 ao Castelo de Sobroso coa contacontos infantil Cristina Collazo e o seu “Nin príncipes nin princesas”. Ao día seguinte, o xoves 13, a compañía “Inversa Teatro” porá en escena no Castelo de Soutomaior un peza titulada “Té con Kant”, unha actividade enmarcada en “O teatro vén de visita”. Todas as actuacións de “Re-acción nos Castelos” precisan de inscrición previa a través do correo [email protected] Todas as accións contan coas medidas de seguridade pertinentes, protocolos Covid e o uso da máscara obrigatorio para as persoas asistentes.

Comentar noticia

Your email address will not be published.