O CCVV inicia o proceso de adxudicación da vivienda situada no segundo andar da Rúa Real 25 por un imorte de 147.360 EUROS

Segundo indicou a presidenta do Consorcio Casco Vello e delegada territorial en funcións da Xunta, Marta Iglesias, o Comité acordou hoxe solicitar ao Instituto Galego de Vivenda e Solo o inicio do proceso de selección dos adxudicatarios
Publicado por o día 03/09/2020 na sección de Galicia,Vigo,Xunta de Galicia

O CCVV inicia o proceso de adxudicación da vivienda situada no segundo andar da Rúa Real 25 por un imorte de 147.360 EUROS

A presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV) e delegada territorial en funcións da Xunta de Galicia, Marta Iglesias, presidiu hoxe por videoconferencia o Comité Executivo do ente rehabilitador que deu o seu visto e prace ao proceso de adxudicación da vivenda situada na segunda planta do número 25 da rúa Real de Vigo.

Con este obxectivo, acordouse solicitar ao Instituto Galego de Vivenda e Solo o inicio do proceso de selección de adxudicatarios que poidan optar á compra desta vivenda de Protección Autonómica, tal e como indicou Iglesias.

A construción que agora se pon á venda ten unha superficie de 83,08 metros cadrados distribuídos en dous dormitorios, dous baños, salón-comedor e cociña. O prezo establecido na proposta que se presentará ao IGVS para a súa adxudicación é de 147.360,66.

O edificio que ocupa o número 25 da rúa Real foi rehabilitado polo CCVV en 2009 e sobre as tres vivendas resultantes da promoción, unha por andar, constituíronse dereitos de superficie a favor de residentes na zona que cederon propiedades para facilitar a recuperación da mesma. Ao extinguirse a citada concesión na segunda planta a propiedade reverteu ao CCVV que, de acordo cos seus obxectivos fundacionais, volve a ofertala para favorecer o asentamento de novos veciños.

Este proceso de adxudicación é o primeiro que levará a cabo o Consorcio Casco Vello de Vigo durante 2020. Asemade, segundo avanzou a presidenta do ente rehabilitador, está prevista proximamente a conclusión das obras nas promocións Cruz Verde 12 e Berbés 41 que permitirán engadir 4 novas vivendas á súa oferta de novas residencias.

Resumen CCVV

Desde que en 2005 botase a andar o Consorcio Casco Vello de Vigo, adquiríronse 82 inmobles situados dentro do seu ámbito de actuación (fixado polo PEPRI). Destes, 53 xa están totalmente rehabilitados, 12 foron transferidos a outros organismos (7 deles rehabilitados polo CCVV), 7 están en proceso de construción e en 10, a maior parte de recente adquisición, non se iniciaron os labores de rehabilitación. Estas actuacións suman 106 vivendas promovidas, das que 95 foron vendidas e outras 10 destinadas a alugamento ou realoxos.

En canto aos locais comerciais, interveuse en 32. O investimento total desde a súa constitución supera os 45 millóns de euros.

Comentar noticia

Your email address will not be published.