O Celta consegue un punto ante o Athletic e segue loitando contra o descenso

Os de Óscar García adiantáronse no marcador cun gol de Rafinha (1-1)
Publicado por o día 20/01/2020 na sección de Celta,Deportes,Fútbol

O Celta consegue un punto ante o Athletic e segue loitando contra o descenso

O Athletic Club e o Celta empataron a un gol en San Mamés en partido correspondente á vixésima xornada de LaLiga, a primeira da segunda volta, nun encontro no que Rafinha Alcántara adiantou aos visitantes e Raúl García, de penalti, estableceu o 1-1 definitivo.

O equipo visitante adiantouse no marcador no minuto 56 grazas a un disparo raso e colocado de Rafinha desde a frontal da área que, tras tocar lixeiramente na bota de Yeray, superou a Herrerín.

No 76 Raúl García marcou o 1-1 ao transformar un penalti decretado polo árbitro, Mediei Jiménez, por unha man de Fran Beltrán dentro da área ao interceptar un centro de Iker Muniain.

Con este punto o Celta segue no posto 18 con 16 puntos.

Ficha técnica:

1 – Athletic: Iago Herrerín; Capa, Yeray, Iñigo Martínez, Yuri; Dani García, Unai López; Williams (Lekue, m.81), Muniain, Ibai; y Raúl García (Villalibre, m.66).

1 – Celta: Rubén Blanco; Kevin Vázquez, Araujo, Murillo, Olaza; Okay Yokuslu, Rafinha (Denis Suárez, m.79), Fran Beltrán; Brais Méndez (Aidoo, m.87), Iago Aspas y Santi Mina (Pape Cheikh, m.68).

Goles: 0-1, m.56: Rafinha. 1-1, m.76: Raúl García, de penalti.

Árbitro: David Medié Jiménez (Comité Catalá). Mostrou tarxeta amarela á locais Capa (m.12), Unai López (m.19), Yuri (m.27), Iñigo Martínez (m.83) e aos visitantes Araujo (m.23), Rubén (m.72), Kevin Vázquez (m.92).

Incidencias: Partido da vixésima xornada de LaLiga, disputado en San Mamés ante 41.348 espectadores.

Óscar García: “O punto é bo porque é un punto de equipo que quere competir”

O  adestrador celeste, Óscar García, analizou como bo o punto obtido ante o Athletic Club en San Mamés, na xornada 20 de LaLiga.