O Celta di adeus á copa sen pólvora ante o Mirandés

Publicado por o día 23/01/2020 na sección de Celta,Deportes,Fútbol,Galicia,Vigo

O Celta di adeus á copa sen pólvora ante o Mirandés

O Mirandés levou ao Celta ata a prórroga, para darlle o golpe de graza cun gol de Antonio Sánchez. O tanto da vitoria puido chegar antes, por un penalti co que Rafinha gañouse a explusión, pero Sergio Álvarez freou a hecatombre celistista, polo menos polo momento.

Antes, foi o equipo de Burgos o que se adiantou grazas a un penalti, esta vez si, anotado por Matheus Aias. O gol do empate atrasouse ata o minuto 75, onde Pione Sisto tentaría darlle esperanzas ao Celta, provocando o tempo extra.

O Celta tivo a posesión durante a primeira metade, pero as mellores ocasións chegaron ao lado rojillo. Tras o paso por vestiarios o xogo converteuse moito máis ´físico e o Celta gozou de máis ocasións claras, pero o conxunto de Antoni Iraola aguantou os envites do Toro Fernández e de Sisto, ao que García deu saída para buscar máis portería.

O tempo acabábase para o Celta e necesitaba un gol. Óscar García deu saída a Iago Aspas en busca do tanto do empate. Mentres, Iraola deu descanso ao autor do gol, Matheus para deixar o últimos vinte minutos a Marcos André.

García esgotou os cambios coa saída de Rafinha, pero o conxunto rojillo seguiu aguantando ata unha contra que terminou con disparo que entraba pola escuadra da meta defendida por Limóns.

O equipo rojillo lonxe de vir abaixo tratou de volver poñerse por diante, ocasións non lle faltaron, a máis clara a de Marcos André fronte ao porteiro que tampouco puido rematar Álvaro Rey.

Aspas, preto do empate

Iago Aspas puido marcar a dous minutos do final do partido, pero o balón marchóuselle fóra na ocasión máis clara do partido.

Catro minutos engadiu o colexiado Martínez Munuera que non serviu a ningún dos dous equipos para adiantarse e o partido foi á prórroga.

Na prórroga o Celta tivo máis a pelota pero o cansazo empezou a notarse en ambos os conxuntos que a duras penas chegaba a portería contraria no primeiros quince minutos do engadido.

Rafinha puido adiantar nada máis comezar a segunda parte da prórroga, pero de novo Sisto tivo outra ocasión clara, cunha falta perigosa preto da media lúa. Rafinha viu a vermella por un agarrón pero Sergio Álvarez interceptou o lanzamento de Álvaro Rey.

Cun menos, o Mirandés fixo valer a súa superioridade e un centro atrás de Merquelaz para Antonio Sánchez, que rematou aproveitando o erro dos centrais, para poñer o 2-1.

Limóns salvou primeiro e despois o traveseiro, pois o Celta asediou os últimos minutos a meta do porteiro rojillo. Merquelaz tentou sorprender ao porteiro do Celta que estaba adiantado no engadido sen sorte, pero a sorpresa deuna todo o equipo que eliminou ao Celta e pasa a oitavos de final de Copa do Rey

Mirandés 2-1 Celta de Vigo

Mirandés: Limóns, Kijera, Odei, Álvaro Pena (Antonio Sánchez, 100′), Matheus (Marcos André, 68′), Merquelanz, Malsa, Iñigo Vicente (Álvaro Rey, 59′), Alexander González (Carlos Julio, 82′), Guridi, Enriq Franquesa.

Celta de Vigo: Sergio Álvarez, Araujo Razo, Denis Súarez, Juan Hernández (Sisto, 56), Jorge Sáenz, Aidoo, Gabriel Fernández, Kevin V., Brais Méndez ( Rafinha, 73′), Pape Cheikh (Iago Aspas, 66′) e Fontan (Lucas Olaza 105′).

Goles: 1-0: 28′ Matheus (penalti). 1-1: 76′ Sisto. 2-1: 114′ Antonio Sánchez.

Árbitro: Martínez Munuera (comité valenciano). Amoestou polo Mirandés a Kijera (36′), Iñigo Vicente (45′), Merquelanz (70′), Antonio Sánchez (116′) e polo Celta de Vigo a Brais (28′), Jorge Saenz (46′), Fontan (99′), Iago Aspas (111′). Expulsou a Rafinha por vermella directa (111′).

Incidencias: Partido correspondente aos dezaseisavos de final de Copa do Rey celebrado no Estadio Municipal de Anduva.