O Celta en caída libre tras sumar a sétima derrota do curso

O Xetafe imponse en Balaídos e deixa a Escribá na corda frouxa
Publicado por o día 03/11/2019 na sección de 1ª división,Celta,Deportes,Fútbol,Galicia,Vigo

O Celta en caída libre tras sumar a sétima derrota do curso

O Celta de Vigo queda moi tocado despois de sumar a sétima derrota do curso ante o Xetafe (0-1) que levou os tres puntos de Balaídos grazas a un solitario gol de Kenedy, no 36.

Esta nova derrota podería supoñer o final de Fran Escribá como técnico celeste xa que o seu equipo só foi capaz de sumar nove puntos nas 12 xornadas ligueiras que levan disputadas, a cadea ser Vigo apunta a que o seu substituto será o ex tencico do Real Madrid Santiago Solari, pode ser cuestión de horas que sexa novo tecnico celeste así apuntan os nosos compañeiros.

O ‘Geta’ non desperdiciou os nervios dos xogadores do Celta e aproveitouse dun erro defensivo para poñerse por diante. Aidoo non soubo controlar o balón tras un pase de Araújo e Kenedy roubou a pelota, internouse na área e bateu a Ruben Blanco para poñer o 0-1 no marcador.

Ese gol, anotado no primeiro tempo, foi o único dun partido no que os xogadores celestes apenas inquietaron a meta getafense. O conxunto madrileño achégase á zona europea tras catro triunfos nas cinco últimas xornadas, mentres que o Celta segue en descenso.

Ficha técnica:
0. Celta:
 Rubén; Hugo Mallo, Araujo, Aidoo (Losada, min. 80), Olaza; Lobotka (Pape Cheikh, min. 74), Beltrán; Brais Méndez, Denis Suárez (Sisto, min. 64), Iago Aspas; Gabriel Fernández
1. Getafe: David Soria; Nyom, Djene, Etxeita, Cucurella; Portillo, Arambarri, Timor, Kenedy (Olivera, min. 68); Enric Gallego (Ángel, min. 53), Jorge Molina (Maksimovic, min. 82)
Gol: 0-1 Kenedey, min. 36
Árbitro: Mateu Lahoz (comité valenciano). Amonestó con tarjeta amarilla a Araujo, Aidoo y Pape Cheikh por parte del Celta; a Timor, Arambari y Etxeita por parte del Getafe.

Comentar noticia

Your email address will not be published.