O Celta xogou con corazón pero sen cabeza e tocará sufrir na última xornada

O Levante asoma ao Celta ao abismo
Publicado por o día 16/07/2020 na sección de 1ª división,Celta,Deportes,Fútbol,Galicia,Vigo

O Celta xogou con corazón pero sen cabeza e tocará sufrir na última xornada

O choque que enfrontou a Celta e Levante terminou cun resultado de 2-3, sendo os goleadores do partido E. Bardhi 11′, E. Bardhi 28′, Santi Mina 36′, Iago Aspas 45′ e B. Mayoral 52′. nun partido parello que se ha resolvido con vitoria visitante.

Neste xoves, o encontro estivo dominado polos pupilos de Óscar García, que conseguiron ter unha posesión de balón do 57%, polo 43% dos de Paco López. Ata este partido o Celta de Vigo promediaba 9.6 tiros por encontro, mentres que os visitantes facíano 11.1 veces.

Do abismo para crer. Así se puido definir os primeiros 45 minutos do partido entre Celta e Levante. O por que de como van os galegos está claro onde está: na defensa. Paco López sabíao e a verticalidad dos granota empezou a crear desaxustes pronto. Tanto, que Bardhi, recollendo un pase atrás de Campaña, poñía aos de Óscar García nun aperto (11’). E o abismo facíase máis grande cando, dous minutos despois, Mayoral marcou, aínda que o VAR anulou o gol por fóra de xogo de Clerc.

Nin con esas espertou o Celta, mentres a cara de Aspas dicíao todo. E así, nun taconazo de Mayoral que rompeu aos centrais, Roger xogaba para que Bardhi fixese o segundo da noite (28’). Pero Balaídos, aínda que baleiro, ía dar guerra, e Mina tirou de reflexos para recortar distancias nun saque de esquina (38’). E a éxtase chegou xusto antes do descanso, cunha carreira ao espazo de Aspas, quen senón, que desbordou a Koke e marcou a porta baleira (45’).

Pero, da euforia ao optimismo, pasouse ao terror para o Celta no segudo tempo, xusto ao empezar, cando Mayoral volveu poñer por diante ao Levante recollendo un centro desde a esquerda (52’). Entrou en desespero o equipo de Óscar, que non foi nin capaz de xogar mellor nin cando Miramón viu a vermella e os granotas quedaron con dez.

Con todo, e a pesar do mal xogo, tras moito centrar o Celta atoparía o gol no desconto, obra de Nolito, pero que o VAR anulaba por fóra de xogo posicional de Gabriel Fernández. Nolito explotou pola decisión e viu a vermella. Todo quedará por resolver nunha última xornada de infarto.

Nin cun máis o Celta foi mellor. Os nervios tiñan atenazados aos de Óscar. Ao final foi o corazón o que apertou e non a cabeza. Así chegou o 3-3… que subiu ao marcador só durante uns segundos. O que tardou en anulalo o VAR. Era un punto de ouro… que non chegou e fai que todo quede para a última xornada. Celta ou Leganés. Gloria ou inferno.

Comentar noticia

Your email address will not be published.