O Centro Comercial Gran Vía acendeu o Nadal desde o Hospital Álvaro Cunqueiro

O aceso do Nadal do centro comercial realizouse o pasado martes 20 de novembro con motivo do Día Mundial do Neno e desde o Hospital Álvaro Cunqueiro en Vigo
Publicado por o día 22/11/2018 na sección de Galicia,Sanidad,Vigo

O Centro Comercial Gran Vía acendeu o Nadal desde o Hospital Álvaro Cunqueiro

Con motivo da celebración do Día Mundial do Neno, o Centro Comercial Gran Vía de Vigo adiantou o aceso do Nadal ao pasado martes 20 de novembro ás 18:30 horas, para que os nenos hospitalizados no Álvaro Cunqueiro fosen os únicos protagonistas dunha xornada moi especial. Eles foron os encargados, en directo, desde o hospital, de acender as luces da árbore de 6 metros e os máis de 1.180 metros de iluminación repartidos polas tres plantas e cuberta do centro comercial a través dun “botón máxico” co que encheron de luz o centro comercial.
 
Para a celebración deste momento tan especial, o centro comercial organizou unha tarde pensada por e para eles. Deste xeito levou a ilusión do Nadal aos máis pequenos hospitalizados, que ademais de ser os encargados de darlle ao pulsador máxico que acendeu a iluminación, puideron gozar da actuación de Pakolas tras este momento e gozar dos agasallos entregados por representantes do centro comercial, houbo tanto para os nenos com Desde a planta principal do centro comercial, os clientes, puideron asistir en rigoroso directo a este momento máxico no que os nenos, desde o hospital, acenderon a iluminación. Momento que foi retransmitido a través dunha gran pantalla disposta na Planta principal do Centro.
 
Esta xornada chea de emoción e maxia recollerase nun vídeo especial no que se mostrarán todos os preparativos e o GRAN momento do aceso.
 
Ademais, a colaboración de Gran Vía de Vigo co hospital non se limitou a esta celebración senón que se decorou as dúas salas infantís da terceira planta do hospital, unha doazón que se ve completada coa entrega de 9 renos decorados por nenos de diferentes colexios da cidade que quedarán nas súas instalacións roubando sorrisos a todos aqueles que transiten polo corredor.