O Centro Comercial Gran Vía de Vigo busca a un dúo que da cara por unha boa causa

Buscan un dúo que queira ser a nova portada da nosa revista Magazine e que apoie unha causa benéfica
Publicado por o día 30/08/2019 na sección de Galicia,Vigo

O Centro Comercial Gran Vía de Vigo busca a un dúo que da cara por unha boa causa

O Centro Comercial Gran Vía de Vigo, , pon en marcha un casting solidario para elixir o dúo que protagonizará a portada do número outono/inverno da revista Magazine e que, ademais, apoiará unha causa solidaria.

Na pasada edición do casting, que tamén contou cun carácter solidario, os animais foron os protagonistas xunto cos seus donos e resultaron gañadores David e o seu can Zero. Nesta ocasión, buscamos un dúo (persoas) que queira protagonizar a nova portada da nosa revista de moda e tendencias MAGAZINE e que, ademais, de voz e visibilidade a unha iniciativa solidaria que pode ser de diversos ámbitos: moda sustentable, causas sociais, medio ambiente, ecoloxía, benestar animal, etc.

Todxs os dúos candidatos poderán presentarse ao casting que se celebrará o vindeiro venres día 20 de setembro a partir das 17:30 horas na Planta 0. Non é necesario realizar ningún tipo de inscrición previa, só acudir o día 20 de setembro á nosa planta 0. É un casting aberto a todas as idades pero os menores de idade deberán ir acompañados dos seus pais ou titores legais.

Deles, serán 10 dúos elixidos os convocados e que acudirán a unha espectacular Gala Final o día 27 de setembro na que se proclamará o dúo gañador.

PREMIOS TOP

Os gañadores conseguirán un premio de 500€ que o centro comercial doará á causa que elixan, 1 tarxeta regalo de 250 € para compras, 1 lookbook coas instantáneas da sesión fotográfica.

Atrevédesvos?