O Centro Comercial Gran Vía de Vigo celebra mañá a Gala Final de Gana coa túa Voz 2019

Participaron 153 vocalistas e rexistráronse máis de 138.311 votos na web por parte dos internautas, unhas cifras maiores que o pasado ano
Publicado por o día 15/03/2019 na sección de Galicia,Vigo

O Centro Comercial Gran Vía de Vigo celebra mañá a Gala Final de Gana coa túa Voz 2019

O Centro Comercial Gran Vía de Vigo celebrará mañá a súa Gala Final a partir das 18:00 horas na Planta 0 na que se escollerá ao gañador/a de un pase directo para o casting final do exitoso programa A VOZ en Antena 3.

Un xurado de excepción

Os encargados de seleccionar aos 20 finalistas e, posteriormente, ao gañador do pase directo aos casting finais da Voz, serán a cantante Virginia, gañadora do concurso Operación Triunfo en 2008, o coñecido produtor musical Tomás Limeres, e o cantante Peke, da orquestra A Fórmula e antigo integrante de Olympus.
O Centro Comercial Gran Vía de Vigo, xestionado por Gentalia, ofrece aos seus clientes unha oferta comercial e de lecer excepcional, na que agora se enmarca a iniciativa ‘Gana con tu
voz’, evento producido por C& C Publicidade en alianza estratéxica con Atresmedia.