O Centro Comercial Gran Vía de Vigo celebra o Día Mundial do Neno desde o Hospital Álvaro Cunqueiro

O centro comercial organiza unha festa de inicio do nadal con sorpresas, agasallos e música en directo no hospital
Publicado por o día 19/11/2018 na sección de Galicia,Vigo

O Centro Comercial Gran Vía de Vigo celebra o Día Mundial do Neno desde o Hospital Álvaro Cunqueiro

Con motivo da celebración do Día Mundial do Neno, o Centro Comercial Gran Vía de Vigo adianta o aceso do Nadal ao martes 20 de novembro ás 18:30 horas, para que os nenos hospitalizados no Álvaro Cunqueiro sexan os protagonistas dunha xornada moi especial. Eles serán os encargados, en directo, desde o hospital, de acender as luces da árbore de 6 metros e os máis de 1.180 metros de iluminación repartidos polas tres plantas e cuberta do centro comercial.
 
Para a celebración deste momento tan especial, o centro comercial ha organizado unha tarde pensada por e para eles, así, levaremos o Nadal aos máis pequenos, que ademais de ser os encargados de darlle ao pulsador máxico que acenderá a iluminación, poderán disfutar da actuación en directo do Pakolas, e dos agasallos enviados desde o centro comercial.
 
Desde a planta principal do centro comercial, os clientes, poderán asistir en directo, ás 18:30 horas, ao momento máxico no que os nenos, desde o hospital, encerán a iluminación. Habilitaremos unha pantalla para dar testemuño do momento.
 
Para completar esta xornada, a Gran Vía de Vigo decorou as dúas salas infantís da terceira planta do hospital, unha doazón que se ve completada coa entrega de 9 renos decorados por nenos de diferentes colexios da cidade. Estes renos atópanse xa no corredor central da terceira planta e quedarán nas súas instalacións.