O Centro Comercial Gran Vía de Vigo convida os seus clientes a unha espectacular exhibición de Taekwondo

O Club Taekwondo Tao, semifinalistas no famoso programa Got Talent España realizarán unha espectacular exhibición con novas figuras
Por o 08/10/2018 | Sección: Galicia,Vigo
O Centro Comercial Gran Vía de Vigo convida os seus clientes a unha espectacular exhibición de Taekwondo
Compartir en:

O CENTRO COMERCIAL GRAN VÍA está máis activo que nunca e continuando apostando pola actividade deportiva como motor do entretemento para toda a familia. Así, tras as masterclass deportivas con Naza Tilve agora tócalle a quenda a unha impresionante exhibición de artes marciais da man de club vigués Taekwondo Tao, coñecido por alzarse como semifinalista no programa de Telecinco Got Talent España e un emblemático club vigués con máis de 30 anos de historia.

O evento celebrarase o venres 19 de outubro ás 18:30 horas na Planta 0 do centro.

O club vigués convidará a algún dos asistentes para comprobar no escenario a complexidade de cada un dos exercicios de artes marciais, facendo así un espectáculo participativo e dinámico. Un evento deportivo para toda a familia que se suma a outros anteriores enmarcado na posta a punto do CCGV.

Comentar noticia

Your email address will not be published.