O Centro Comercial Gran Vía de Vigo habilitará para clientes e empregados un punto de doazón de sangue este sábado

Da man da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS) habilitarase un espazo de doazón de sangue no acceso do aparcamento da cuberta axardinada (acceso ascensor cinemas)
Publicado por o día 04/11/2019 na sección de Eventos,Galicia,Vigo

O Centro Comercial Gran Vía de Vigo habilitará para clientes e empregados un punto de doazón de sangue este sábado

O Centro Comercial Gran Vía de Vigo, súmase á campaña de doazón de sangue impulsado pola Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos ( ADOS) habilitando un espazo de doazón de sangue
este sábado.
Esta zona habilitada de doazóns estará dispoñible para todos os clientes e empregados dos distintos establecementos do centro comercial, este sábado 9 de novembro en horario de 9:30 a 15:00 horas, e localizarase no acceso cuberto do aparcamento da cuberta axardinada (xunto ao ascensor que comunica cos cinemas).
O proceso de doazón non levará máis de 10 minutos e só require dunha serie de indicacións:
 
Ser maior de idade, pesar mínimo 50 quilos, é necesario esperar dúas horas desde a última comida/almorzo, traer o DNI ou tarxeta de doazón, e informar o médico se se está tomando algún medicamento.
Baixo o claim, #súmateaonosoequipo a Gran Vía de Vigo xunto con ADOS anima a todas as persoas que poidan a facerse doantes de sangue, para tentar lograr o obxectivo diario de entre 400 e 500 doazóns que son as necesarias para que o sistema sanitario galego funcione. Actualmente, os grupos sanguíneos que máis demanda teñen e que contan con baixos niveis en hospitais galegos son 0 positivo e A negativo.
 

Comentar noticia

Your email address will not be published.