O Centro Comercial Gran Vía de Vigo inaugura o 22 de marzo o Club Ola Familia coa súa madriña Marta Larralde

Evento inaugural o venres 22 de marzo ás 18:00 horas coa recoñecida actriz viguesa Marta Larralde, madriña do Club, e un taller de primeiros auxilios para adultos e nenos
Por o 06/03/2019 | Sección: Eventos,Galicia,Vigo
O Centro Comercial Gran Vía de Vigo inaugura o 22 de marzo o Club Ola Familia coa súa madriña Marta Larralde

Tras a reforma integral da sala de lactación, na planta 2, a Gran Vía de Vigo pon en marcha unha nova iniciativa coas familias como protagonistas: trátase do “Ola Familia” un club gratuíto no que todos os seus socios poderán gozar de vantaxes exclusivas e ser partícipes de diferentes actividades ao longo do ano. Inauguración oficial cun evento especial O venres 22 de marzo preséntase oficialmente este Club Ola Familia, nun evento que terá lugar na planta 2 ás 18:00 horas e no acudirá a recoñecida actriz viguesa Marta Larralde, madriña excepcional, que contará a súa experiencia persoal coa maternidade.

A continuación, celebrarase un taller de primeiros auxilios para nenos e adultos.

Explicaranse técnicas e indicacións da man de profesionais que poden resultar de vital importancia. Ao longo de ano realizaranse distintos eventos orientados ás familias e nos que contaremos con profesionais do mundo da nutrición, deporte ou beleza. Se queres ser membro do Club OLA FAMILIA podes inscribirche @gratuitamente no Punto de Atención ao Cliente na Planta 0 conseguindo así o teu carné oficial de socio e contando con vantaxes exclusivas.

Bienvenid@s á familia!

Comentar noticia

Your email address will not be published.