O Centro Comercial Gran Vía de Vigo leva aos seus clientes ao Barbeira Season Fest en barco

Concurso en RRSS o 4 de setembro no que se sortearán invitacións para: Travesía en barco Vigo-Baiona, brunch a bordo da man do chef con Estrela Michelín, Alberto González, música en directo e entradas para gozar do festival.
Publicado por o día 02/09/2019 na sección de Galicia,Vigo

O Centro Comercial Gran Vía de Vigo leva aos seus clientes ao Barbeira Season Fest en barco

O Centro Comercial Gran Vía de Vigo, e a organización do festival Barbeira Season Fest fixeron pública a súa colaboración o pasado venres nun evento de presentación celebrado na propia  superficie comercial viguesa no que estiveron presentes, Isaac González, director do Barbeira Season Fest, Angélica Falagán, directora de márketing da Gran Vía de Vigo, o chef Alberto González, do Restaurante Silabario e cunha Estrela Michelín, o cantante Ale González, vocalista do grupo As Árbores, que ofreceu aos asistentes un acústico no que interpretou algúns dos temas do seu último albúm Ensaio e Erro e novos temas en solitario.

Resultado desta gran colaboración, a Gran Vía de Vigo ofrecerá aos seus clientes e empregados un total 100 invitacións para vivir unha experiencia náutica única: unha espectacular travesía en barco Vigo-Baiona, cun brunch servido por Alberto González, chef do Restaurante Silabario e portador dunha Estrela Michelín, música en directo e ao piano con Ale González, o vocalista do exitoso grupo As Árbores e acceso ao festival durante toda a xornada.

Os clientes poderán optar ás invitacións a través dun concurso en RRSS e os empregados dos distintos establecementos do centro comercial, poderán facelo a través dun sorteo.

BARBEIRA SEASON FEST

Un concepto de festival diferente “o Barbeira Season Fest busca a harmonía entre un festival e o medio ambiente, ese equilibrio é posible e encántanos ser partícipes de accións e mensaxes que promoven a protección da contorna e a reciclaxe”, detalla Angélica Falagán.

Situado nun dos tramos polos que pasa o Camiño de Santiago, o Barbeira Season Fest ofrece a mellor música nun enclave natural no que estará moi presente a reciclaxe, ecoloxía e protección do medio ambiente. Haberá dous escenarios, a propia praia, cuxo acceso será gratuíto, e o parador do Baiona con acceso aos concertos con entrada.

Los Punsetes, La Habitación Roja, Cecilio G, Cariño, Boyanka Kostova, Ale González (Los Árboles), La Bien Querida, Zeltia, Thomas Dylan & Balea, Axolotes Mexicanosson algúns dos artistas que conforman o cartel.

Non te perdas ningún detalle: seasonfest.es

Comentar noticia

Your email address will not be published.