O Centro Comercial Gran Vía de Vigo pon en marcha a terceira actividade do Club Hola Familia

“Tips deportivos para súper mamás e papás” é a temática do terceiro taller gratuíto que terá lugar o próximo 25 de outubro ás 18:30 horas.
Publicado por o día 01/10/2019 na sección de Eventos,Galicia,Vigo

O Centro Comercial Gran Vía de Vigo pon en marcha a terceira actividade do Club Hola Familia

O Centro Comercial Gran Vía de Vigo, pon aos seus clientes en modo ON coa terceira actividade do Club Hola Familia “ Tips deportivos para súper mamás e papás” o próximo 25 de outubro ás 18:30 horas, onde aprenderán útiles consellos deportivos que poderán poñer en práctica durante a súa día a día.

Nesta nova master class, a adestradora Naza Tilve axudará a todos os papás e mamás a que desenvolvan todo o seu potencial e capacidades deportivas e saquen o máximo partido ao tempo facendo de cada xornada a súa mellor rutina deportiva.

Aprenderán exercicios para fortalecer chan pélvico, reeducación postural, pesas e todo, á vez que realizan as súas tarefas cotiás.

Quen dixo que levar as bolsas da compra ou empuxar do carriño do teu bebé non conta como clase de spinning? Ou que mentres sobes escaleiras non podes realizar unha sesión de step? . Todo isto e moito máis espérache neste novo taller gratuíto. Entrada libre sen previa inscrición ata completar aforo.

Club gratuíto Hola Familia

Lembra que podes facerche socio do Club Hola Familia de forma totalmente gratuíta no Punto de Atención ao Cliente, Planta 0 e gozar de vantaxes e descontos exclusivos.

Comentar noticia

Your email address will not be published.