O Centro Comercial Gran Vía de Vigo prepara unha súper festa de disfraces solidaria por Entroido

Como novidade, por cada inscrición doaranse 10 euros a unha destas tres iniciativas solidarias: Down Vigo, Federación Galega de Enfermidades Raras e Autismo Vigo
Por o 20/02/2019 | Sección: Eventos,Galicia,Vigo
O Centro Comercial Gran Vía de Vigo prepara unha súper festa de disfraces solidaria por Entroido
O CENTRO COMERCIAL GRAN VÍA DE VIGO celebra un ano máis o entroido ao grande co seu concurso de disfraces para péquelos da casa e que desde hai anos congrega a máis dun centenar de nenos que nos elixen para gozar dunha tarde divertida acompañados dos seus familiares.
O concurso está aberto a nenos e nenas entre os 2 e 12 anos e poden participar sós ou en parella xunto coa súa nai/pai avó/a. A familia que se disfraza unida divírtese unida. Este ano como novidade, a solidariedade será unha das protagonistas xa que en agradecemento á confianza depositada durante tantos anos en Gran de Vigo, o centro comercial doará 10 euros por cada inscrición e que irán destinados a unha destas tres iniciativas solidarias que elixan os participantes: Down Vigo, Federación Galega de Enfermidades aras e Autismo Vigo. O centro comercial aspira a superar os 1.000 euros en doazóns.
 
Un xurado premiará a orixinalidade e a creatividade dos diferentes disfraces participantes. Os 3 mellores disfraces e a mellor parella ou grupo terán un súper premio:
• 1º PREMIO: Unha bicicleta
• 2º PREMIO: Unha cámara de fotos
• 3º PREMIO: Un Waveboard
• MELLOR PARELLA/GRUPO: Un lote de xogos molón
A Gran Vía de Vigo anima a péquelos a participar en solitario ou coa súa mamá, papá, hermanx, abuelx, inscribíndose no Punto de Atención ao Cliente, Planta 0 ata mesmo 4 de marzo ata as 13:00 horas.
Solidariedade, diversión e ilusión espérannos o 4 de marzo na planta 2!

Comentar noticia

Your email address will not be published.