O Centro Comercial Gran Vía de Vigo súmase á 36ª marcha Aspanaex

Data: venres 4 de outubro de 17:00 a 22:00 horas e sábado 5 de outubro de 10:00 a 22:00 horas ininterrompidamente
Publicado por o día 16/09/2019 na sección de Eventos,Galicia,Vigo

O Centro Comercial Gran Vía de Vigo súmase á 36ª marcha Aspanaex

O Centro Comercial Gran Vía de Vigo, volve mostrar o seu apoio outro ano máis á coñecida Marcha Aspanaex, que este ano celebra o seu trixésimo sexta edición. É unha carreira solidaria de 9 quilómetros, moi popular na cidade, que ten como obxectivo fundamental sensibilizar á sociedade sobre as necesidades das persoas con discapacidade intelectual.

Habilitarase un espazo na planta 0 durante o venres 4 de outubro de 17:00 a 22:00 horas e sábado 5 de outubro de 10:00 a 22:00 horas ininterrompidamente, no que os interesados poderán recoller os seus dorsais e inscribirse. O importe do dorsal é de 3 euros para nenos menores de 10 anos ou persoas con discapacidade e de 5 euros para o resto.

As inscricións tamén se poderán realizar online a partir de hoxe en Ataquilla.

Deporte e solidariedade danse a man

A marcha solidaria celebrarase o domingo día 6 de outubro ás 10:00 horas no Auditorio do Parque de Castrelos e percorrerá algunhas das rúas máis coñecidas de Vigo. Todos os fondos recadados estarán destinados á construción da súa residencia no barrio de Coia.

Ponte en marcha connosco!

Comentar noticia

Your email address will not be published.