O Centro Comercial Gran Vía de Vigo volve sumarse á iniciativa local “Cada niño un juguete”

“Cada niño un juguete” é unha iniciativa local que ten como obxectivo a recollida solidaria de xoguetes. Dous puntos de recollida de xoguetes: na FPA (Planta 2) ou no Punto de Atención ao Cliente (Planta 0).
Publicado por o día 07/11/2019 na sección de Galicia,Social,Vigo

O Centro Comercial Gran Vía de Vigo volve sumarse á iniciativa local “Cada niño un juguete”

O Centro Comercial Gran Vía de Vigo, volve colaborar por segundo ano consecutivo coa iniciativa local “Cada niño un juguete” impulsada pola Asociación Stop. A mañá do martes Carlos Leiro, director da campaña, Corina Porro, Delegada da Xunta de Galicia en Vigo e Angélica Falagán, directora de márketing da Gran Vía de Vigo, presentaron oficialmente a décima edición desta iniciativa solidaria. “Nos dez anos que levamos de campaña entregamos máis de 30.000 xoguetes. Sería espectacular poder recoller nun ano os que recollemos nos dez anteriores. A nosa gran ilusión é expandir esta campaña a toda Galicia”, explicaba Carlos Leiro. Ademais, Corina Porro aproveitou a ocasión para falar da proposta de Nadal Solidario que a Xunta de Galicia instalará en Vigo e que contará coa presenza de 14 ONG´ s locais.

Desde hoxe e ata o 31 de decembro (ambos os incluídos) o Centro contará con dous puntos de recollida de doazóns habilitados: un no espazo infantil fun play area (Planta 2) e outro no Punto de Atención ao Cliente (Planta 0).

Todos os que queiran participar poden entregar non só xoguetes en desuso, se non tamén xoguetes educativos, de lecer e que poidan ser utilizados en estudo. Ademais, pódense entregar material tecnolóxico e escolar para nenos e nenas de 10 a 15 anos, como ordenadores, portátiles, libros, etc.

“Cada neno un xoguete” é unha iniciativa local que se pon en marcha desde hai 10 anos na época de Nadal e que foi gañadora dun premio a nivel nacional como mellor Campaña Influencer Awards 2016. O pasado ano os clientes do Centro doaron preto de 1.000 xoguetes e en total a campaña logrou recadar case 8.000, este ano faise un chamamento para tentar superar esa cifra.

Xuntos, sumamos MOITO!