O Centro Comercial Gran Vía organiza o I CAMPIONATO MUNDIAL DE SALTO DE CHARCOS solidario Gran Vía de Vigo e crea a asociación española de salto de charcos

O PRIMEIRO CAMPIONATO MUNDIAL DE SALTO DE CHARCOS SOLIDARIO GRAN VÍA DE VIGO celebrarase o próximo 26 de xaneiro ás 18:00h na Planta 0
Por o 19/12/2018 | Sección: Galicia,Vigo
O Centro Comercial Gran Vía organiza o I CAMPIONATO MUNDIAL DE SALTO DE CHARCOS solidario Gran Vía de Vigo e crea a asociación española de salto de charcos
O CENTRO COMERCIAL GRAN VÍA DE VIGO está a organizar a competición coa que moitos soñamos algunha vez e é O PRIMEIRO CAMPIONATO MUNDIAL DE SALTO DE CHARCOS SOLIDARIO GRAN VÍA DE VIGO cuxa final terá lugar o próximo 26 de xaneiro ás 18:00 horas na Planta 0 do Centro Comercial. Este campionato organízase a través da Asociación Española de Salto de Charcos, constituída polo centro comercial para a organización deste campionato.
Catro son as categorías nas que os aspirantes se poden inscribir do 21 de decembro ao 13 xaneiro, e son Salto Solitario, Salto para dous, O Clan dos saltadores e Peque Salto. Os interesados poderán formalizar a súa inscrición a través da web do evento ou de forma presencial no Punto de Atención ao Cliente (Planta 0) a partir do 21 de decembro e ata o 13 de xaneiro ou ata completar a cota de inscricións (coubo limitado).
O día da final do campionato un xurado determinará que saltos son os xustos merecedores dos premios. Teranse en conta factores como a ilusión e ganas de saltar, e apoiar o carácter solidario do evento, ademais da vestimenta ou o moito que salpique o salto (isto calcularémolo a través dun espectacular SALPICÓMETRO). Ademais, contaremos coa presenza do popular grupo Broken Peach que animará con música en directo.
O campionato, ademais de repartir 1.000 euros en premios entre os gañadores das catro categorías, terá unha gran connotación solidaria xa que entre os premios haberá outros 1.000euros para donativos económicos ás ONG/Asociacións que elixan os gañadores das catro categorías. Tamén, sortearanse 100 euros entre todos os participantes. En total máis de 2.100 euros en premios e doazóns.
Toda a info está dispoñible na nova páxina web creada para o campionato:
Saltodecharcos. com así como nas redes sociais do campionato e nas propias do Centro Comercial Gran Vía de Vigo.
Ven e feixe que o chan do Centro Comercial Gran Vía TIEEEEMBLE!

Comentar noticia

Your email address will not be published.