O Centro Comercial Gran Vía pon en marcha a PET WEEK

Evento dedicado ás mascotas e os seus donos do 13 ao 17 de novembro
Por o 08/11/2018 | Sección: Eventos,Galicia,Vigo
O Centro Comercial Gran Vía pon en marcha a PET WEEK
O CENTRO COMERCIAL GRAN VÍA quenta motores para o que será o evento do ano: a PET WEEK. Do 13 ao 17 de novembro todos os asistentes poderán gozar a partir das 18:30 horas das distintas actividades nas que as mascotas serán as principais protagonistas. Borja Capponi do programa Malas Pulgas de Catro será o padriño destas xornadas proadopción. Ademais, todos os días de evento daremos voz a distintas protectoras locais ás que o noso patrocinador Arion doaralles unha xenerosa achega de penso, ademais de habilitar un espazo na planta principal para a recollida de doazóns.
Charla na que un veterinario resolverá todas as dúbidas, exhibición de Agility ou unha demostración da Unidade Cinolóxica dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado serán algunhas das actividades que se poderán presenciar na Planta 0 do Centro en horario de tarde.
Tamén haberá un concurso de beleza no que se premiará á parella (humano e mascota) máis simpáticos e mellor coordinados nunha Gala Final que se celebrará o día 14 a partir das 19:00 horas. O prazo de inscrición está aberto a través do Facebook do centro comercial. Durante o horario dos eventos e para a asistencia aos mesmos estará permitido o acceso ao centro comercial con animais.
Diversión para os máis pequenos!

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.